CreandAMOS xuntos!!!
Para a realización dunha actividade de índole artística- lingüística precisamos da colaboración das familias.
O venres pasado (4 de decembro) cada neno/a levou para casa un pequeno debuxo relacionado co Nadal co fin de que fose decorado e se escribira nel unha palabriña en galego pouco coñecida.
Con estes debuxiños construiremos unha árbore de Nadal que ambientará con cores, debuxos e fermosas verbas galegas a entrada do noso cole.
Graciñas de novo ás familias e esperamos que na vindeira semana podades ver o resultado! 🙂
Deja una respuesta