Daily Archives: 24 marzo, 2021

Slow Food – Come local

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57422/xunta-promove-por-segundo-ano-consecutivo-campana-come-local-nos-comedores-escolares?langId=gl_ES

16 centros os escollidos para participar nesta segunda edición da «Come Local» e que esperamos que acabedes tan satisfeitos coma na primeira edición que fixemos de setembro a decembro do 2020 da cal tedes máis información no seguinte link:
https://www.slowfood.com/es/campana-come-local-en-comedores-escolares-de-galicia/

Ademais tamén formarán parte da mesma, os 4 Comedores Escolares Km 0 que xa participaron na primeira campaña: CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro), CEIP Os Muíños (Muxía), CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral) e CEIP López Ferreiro (Compostela.
A campaña será recollida tamén nas nosas redes sociais e nas da Agacal para dar boa conta do traballo e da implicación de cada un dos centros participantes.

https://arcg.is/1KSrzn


Os centros que participarán nesta segunda volta: Divino Maestro e Colexio La Milagrosa de Compostela; Colexio Alca de Ames, CEIP Santa Baia de Boiro; CPI Dr. López Suárez de Friol; CEIP San Cosme de Barreiros; CEIP Juan Rey de Lourenzá; CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba; CEIP Rosalía de Castro de Bóveda; IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, CEIP Joaquina Gallego Jorreto de A Merca; CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Vega; Colexio Salesianos-A Mercé de Cambados; CEIP Xoaquín Loriga de Prado; CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa e CEIP A Paz de Coruxo (Vigo).