FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Unha vez admitido no centro, a formalización da matrícula realizarase do 20 ao 1 de xullo(inclusives) coa seguinte documentación:
O impreso de formalización da matrícula (anexo III). Poderá cumprimentarse na aplicación admisión alumnado ou de forma manual.
O alumnado de 4º de infantil tamén terán que entregar este cuestionario:
A seguinte documentación é común a todos:
- Copia do boletín das vacinas e da tarxeta sanitaria.
- Fotos tamaño carné, co nome e apelidos por detrás: 4 para infantil e 2 para primaria.
- Se é o caso, achegar documentación xudicial de separación ou divorcio na que se regula a garda e custodia do alumno/a.
- En caso de alerxias ou enfermidades graves achegar informes médicos.
Se non se formaliza a matrícula en prazo, entenderase que renuncia á praza (art. 40 da Orde 12-03-2013).
Prégase que comuniquen ao centro calquera renuncia ou baixa.
LEXISLACIÓN:
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro.
- Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan o segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na lei 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
Deja una respuesta