Daily Archives: 13 marzo, 2024

Para a mellora da convivencia no centro

Estimadas familias,

Pasado o ecuador do curso e con 4 meses por diante cremos necesario compartir unhas observacións que poden contribuír a favorecer a convivencia de toda a comunidade educativa:

  • Respectar os horarios de entrada e saída do centro, evitando a permanencia dentro do recinto escolar máis tempo do necesario para deixar e recoller ao alumnado.
  • Á hora da saída, agradecemos que as familias esperen detrás das columnas, deixando espazo para a saída das filas, circulación do alumnado de transporte, comedor, …
  • Ao remate do horario lectivo, 13:45, o alumnado non pode acceder á aulas, salvo que conte co permiso e sexa acompañado polo persoal do centro.
  • As familias non teñen acceso ás aulas salvo que vaian desenvolver unha actividade ou teñan unha reunión coa persoa titora ou especialistas, e sempre con comunicación previa.
  • O alumnado de educación infantil que chegue ao centro pasada a hora de entrada, ten que pasar por secretaría para que sexa o persoal autorizado o que o acompañe á súa aula.
  • Respectar os espazos de acceso ao recinto escolar, non ocupando ás entradas e saídas de vehículos, e empregando as indicadas segundo sexamos peóns, accedamos con bicicleta, patín, …
  • Non acceder ao recinto escolar con coches particulares, salvo caso de necesidade por situación de dificultade de mobilidade temporal e previa solicitude na secretaría e autorización da dirección do centro.
  • Os portais de acceso ao recinto escolar teñen un horario de apertura e peche, agradécese non traspasalos cando estean nunha destas accións. A entrada e saída pódese realizar pola porta pequena premendo no timbre cando estea pechada.
  • As friameiras e outros envases empregados para a merenda deben estar ben etiquetados para favorecer que o alumnado se faga responsable e autónomo no seu uso.

Agradecemos a vosa colaboración e respecto,

A dirección