Para a mellora da convivencia no centro
Estimadas familias,
Pasado o ecuador do curso e con 4 meses por diante cremos necesario compartir unhas observacións que poden contribuír a favorecer a convivencia de toda a comunidade educativa:
- Respectar os horarios de entrada e saída do centro, evitando a permanencia dentro do recinto escolar máis tempo do necesario para deixar e recoller ao alumnado.
- Á hora da saída, agradecemos que as familias esperen detrás das columnas, deixando espazo para a saída das filas, circulación do alumnado de transporte, comedor, …
- Ao remate do horario lectivo, 13:45, o alumnado non pode acceder á aulas, salvo que conte co permiso e sexa acompañado polo persoal do centro.
- As familias non teñen acceso ás aulas salvo que vaian desenvolver unha actividade ou teñan unha reunión coa persoa titora ou especialistas, e sempre con comunicación previa.
- O alumnado de educación infantil que chegue ao centro pasada a hora de entrada, ten que pasar por secretaría para que sexa o persoal autorizado o que o acompañe á súa aula.
- Respectar os espazos de acceso ao recinto escolar, non ocupando ás entradas e saídas de vehículos, e empregando as indicadas segundo sexamos peóns, accedamos con bicicleta, patín, …
- Non acceder ao recinto escolar con coches particulares, salvo caso de necesidade por situación de dificultade de mobilidade temporal e previa solicitude na secretaría e autorización da dirección do centro.
- Os portais de acceso ao recinto escolar teñen un horario de apertura e peche, agradécese non traspasalos cando estean nunha destas accións. A entrada e saída pódese realizar pola porta pequena premendo no timbre cando estea pechada.
- As friameiras e outros envases empregados para a merenda deben estar ben etiquetados para favorecer que o alumnado se faga responsable e autónomo no seu uso.
Agradecemos a vosa colaboración e respecto,
A dirección
Deja una respuesta