Daily Archives: 15 febrero, 2022

Cando as pantallas educan

ÚLTIMO FALADOIRO

12 de MAIO ás 18:00h no salón de actos da Casa de Cultura «A Cachada» (sen inscrición previa 17:45h)

ESPAZO FAMILIAS BOIRO

No mes de febreiro comezaron en Boiro unhas xornadas formativas para as familias e as persoas interesadas na poboación infantoxuvenil. A temática que as vertebra é o impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia. O obxectivo, analizar as relacións e os riscos do ecosistema dixital no que se desenvolve a rapazada de Boiro e fortalecer as nosas ferramentas para conseguir un uso inclusivo e saudable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación (TRIC). 

Trátase dunha iniciativa organizada por Espazo Familias Boiro a través da súa Escola de Nais e Pais (ENAPA) colectiva na que colaboran economicamente o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) pertencente a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Boiro. O título das xornadas: Cando as pantallas educan.