BAIAXOGOS
Canta cor ten o noso patio, fixástesvos? Pois aínda lle poremos máis, tempo ao tempo. Polo de agora, e para todo o que non percorreu o patio escalando, percutindo, saltando e … xogando, faremos unha presentación rápida de cada xogo:
A MARIOLA AFRICANA ten o seu propio baile tal e como se amosa no vídeo https://www.facebook.com/1860352394191703/videos/2357712997783324/pero nos adaptámolo para que o alumnado baile ao ritmo do famoso “KOKOLEOKO”, ou de calquera canción que eles decidan.
Na zona da rampla que nos dirixe ao ximnasio, atopamos uns pés de cores que nos invitan a saltar xirando como vaian marcando. A este xogo coñecémolo como BIGFOOT, invitámosvos a que o probedes.
Quen de pequeno non xogou ao ENREDOS?… man dereita ao azul, pé esquerdo ao amarelo, … Creo que os recreos de chuvia resultarán un pouco máis dinámicos con este xogo, irémolo vendo.
Un clásico, tendo unha pedriña ou calquera outro obxecto na man sérvenos para marcar en que número estamos e de quen é a quenda… certo é que xa levaba tempo pintada no patio cuberto, pero desta volta pintáronselle os números, algo de matemáticas non esta mal. O xogo do que falamos é a ESTRÍCOLA, mariola ou “rayuela” segundo sexa a nosa orixe xeográfica.
Por último, de momento, presentarvos o FÚTBOL DIANA, non é máis que dar “balonazos” contra unha parede, pero gardando a quenda, elixindo o punto de tiro e intentando darlle algún dos números.
Deja una respuesta