Cooperación entre centros

COOPERACIÓN ENTRE CENTROS

100_3586  O día 17 de xuño, un grupo de alumnos/as do 1º ciclo  da ESO do IES Espiñeira, sorprendeunos coa súa representación teatral «A rebelión dos xoguetes».

Foi unha actividade moi enriquecedora na que os alumnos/as máis maiores compartiron con nós a súa  creatividade e amosáronos valores que non debemos esquecer:

-colaborar nas tarefas da casa

-tratarnos coma iguais sen diferencias de xénero

-respectar o noso entorno

 Foi unha experiencia fantástica!!!!!!!!!!! 

100_3592

Esperamos poder seguir colaborando no vindeiro curso con iniciativas coma esta.

100_3577

AMIGOS DE PACHACÚTEC

Este proxecto permitiunos coñecer unha realidade distinta á nosa.

Un dos valores que nós queremos fomentar na educación é que o alumnado adquira unha maior competencia social e cultural e para iso é preciso que coñezan a súa contorna e o que hai máis aló dela.

clip_image002

     Pachacútec é unha poboación do Perú coa que tivemos oportunidade de establecer contacto a través dun mestre galego que está a traballar nun colexio desa zona. Foi el quen    nos proporcionou información sobre como é a vida alí e nós quixemos achegarlles a nosa realidade,  ao seu alumnado, a partir dalgunhas das experiencias educativas que  vivimos  durante o curso.

                 Agora compartimos con vós o que alí recibiron!
  (Premer enriba para ver)
Amigos de 2º B CEIP SANTA BAIA
Presentación Magosto PERÚ

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *