Daily Archives: 1 septiembre, 2022
Inicio curso 22-23
O 8 de setembro comezan as actividades lectivas (calendario escolar).
O horario de entrada e saída ao centro será o habitual (prepandemia), de 8:45h a 13:45h.
Os portais de acceso ao recinto abriranse ás 8:35h, pero non se poderá acceder aos edificios ata a hora de inicio das actividades lectivas.
Aínda que o alumnado poderá acceder ao recinto por calquera dos portais, recoméndase: Infantil, portal sur; Primaria, portal norte e transporte escolar, portal rampla.
A entrada ao edificio seguirá sendo para 5º e 6º pola porta principal, de 1º 4º polo patio cuberto e a infantil polo túnel.
Persoal do Centro. Tivemos 5 baixas e 4 novas incorporacións.
PRIMEIRO DÍA
Seguirase o horario habitual (8:45h-13:45h) excepto nos cursos que comezan etapa. 4º de infantil seguirá o calendario do período de adaptación e o alumnado 1º de primaria (1ºA e 1ºB) recollerao ás 8:50h no patio cuberto a súas respectivas titoras para acompañalos a aula.
Recomendamos que vaian traendo o material escolar pouco a pouco, para non sobrecargar as mochilas.
XUNTANZAS INICIO CURSO
MATERIAIS DE AULA
LIBROS DE TEXTO
A listaxe publicada en xuño é co que se traballará este curso.
PLANO DO CENTRO
Esta será a distribución das aulas do alumnado de primaria para este curso.
Tamén poden facer unha visita 360º.