Daily Archives: 4 mayo, 2025
XI Carreira pola Diversidade

Estimadas familias:
Desde o colexio queremos convidarvos a participar na XI Carreira pola Diversidade , organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, que terá lugar o vindeiro domingo 11 de maio de 2025
ás 10:00 h
na explanada de Coroso (Ribeira).
Este evento ten como obxectivo promover a inclusión e a participación de persoas con e sen diversidade funcional , nunha xornada deportiva e solidaria aberta a toda a cidadanía
.
A carreira ofrece distintas modalidades para adaptarse a todas as idades e capacidades:
Categoría Absoluta Mixta (5 km)
Zapatilla Inclusiva (5 km)
Handbike e Cadeira de Atletismo
Carreiras Infantís (de 100 m a 2 km)
Andaina libre (3,33 km) – ideal para camiñar en familia… e tamén con mascotas!
As inscricións están abertas ata o 6 de maio e pódense realizar a través desta ligazón:
Inscrición XI Carreira pola Diversidade
Prezo de inscrición: 7,50 € .
As provas infantís son gratuítas.
Tamén existe a opción de colaborar a través do «Dorsal 0» , para quen queira apoiar o evento sen participar presencialmente.
Todo o recadado destinarase a actividades de lecer e respiros familiares para as persoas usuarias da Asociación Ambar .
É unha oportunidade estupenda para vivir unha mañá diferente , fomentar valores de inclusión e compartir un momento especial entre alumnado, familias e comunidade educativa
.
Animádevos a participar e a difundir esta iniciativa!
Para máis información:
Web: asociacionambar.org/carreira-pola-diversidade
Correo: correo@asociacionambar.org
Teléfonos: 981 87 44 80″