Daily Archives: 19 mayo, 2025

Axudas á compra de libros de texto e material escolar

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46670

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2025/2026

ORDE do 28 de abril de 2025 (DOG do 15 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)  (DOG do 15 maio de 2025)

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º E 6º de Educación Primaria
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de EP
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Alumnado de sexto que non o realice de forma telemática, terá que realizar a xestión no IES ao que acudirá o próximo curso.

Abrangue dende o 16 de maio ao 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente.

DOCUMENTACIÓN

  • Anexo I
  • Anexo II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 11 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática