Daily Archives: 21 mayo, 2020

Solucións ( semana 18-22 maio)

Información do IES A Cachada

Prezadas familias,

Comeza o prazo de solicitude de préstamo de libros para o curso 2020/2021, para o que é necesario chamar ao IES A Cachada (teléfono: 881866717)e solicitar cita previa. Poden comezar a chamar o luns, 25 de maio, a partir das 9:00 da mañá.

Poden consultar á información relacionada na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesacachada/

Importante: Soamente poderá solicitar o préstamo de libros o alumnado que ten reserva de praza non o que realizou o procedemento de admisión.

Un saúdo.

Equipo directivo (IESP A Cachada)