Daily Archives: 19 mayo, 2020

Physical appearance ( interactive activity 3rd grade) 3º (non enviar por e-mail)

https://es.liveworksheets.com/zy259340uf

Physical description (3rd grade) enviar por e-mail

Descripcións físicas. Escribe.

Physical description video (3rd grade)

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Beneficiarios:

  • Fondo solidario de libros de texto: : alumnado matriculado en 3º e 4º de EP (5º e º6 Proxecto e-Dixgal).
  • Axudas para adquirir libros de texto destinados ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP.

Obriga das persoas beneficiarias:

Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2019/20.

Prazo de presentación das solicitudes:

Do 20 de maio ao 19 de xuño incluído.

Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

O alumando que pasa para ESO, debe entregar a solicitude no IES no que obtivo praza.

Documentación a presentar:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Os documentos presentados deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Publicacións de listaxes do fondo solidario de libros de texto de 3º e 4º:

– Listaxes provisionais: o 10 de xullo de 2020 (As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional)

– Listaxes definitivas: o 20 de xullo de 2020.

– Entrega de libros de texto e vales: do 1 ao 15 de setembro.

Adaptación das programacións

Nesta entrada poden comprobar as programacións dos distintos niveis e áreas do Centro.

Calquera dúbida, diríxanse á Secretaría do Centro.

INFANTIL:

PRIMARIA:

Artística:

Lingua estranxeira:

Relixión