Monthly Archives: mayo 2020
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar
– Listaxes provisionais: o 10 de xullo de 2020 (As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional)
– Listaxes definitivas: o 15 de xullo de 2020.
- Entrega de vales: o martes 21 e o xoves 23 de xullo de 10 a 13horas. En setembro do 1 ao 15 de 8:45h a 13:45h.
- Entrega de libros de texto: do 1 ao 15 de setembro.
http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
Beneficiarios:
- Fondo solidario de libros de texto: : alumnado matriculado en 3º e 4º de EP (5º e º6 Proxecto e-Dixgal).
- Axudas para adquirir libros de texto destinados ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP.
Obriga das persoas beneficiarias:
Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2019/20.
Prazo de presentación das solicitudes:
Do 20 de maio ao 19 de xuño incluído.
Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
O alumando que pasa para ESO, debe entregar a solicitude no IES no que obtivo praza.
Documentación a presentar:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Os documentos presentados deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
Publicacións de listaxes do fondo solidario de libros de texto de 3º e 4º e axudas para alumnado de primaria:
– Listaxes provisionais: o 10 de xullo de 2020 (As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional)
– Listaxes definitivas: o 15 de xullo de 2020.
- Entrega de vales: o martes 21 e o xoves 23 de xullo de 10 a 13horas. En setembro do 1 ao 15 de 8:45h a 13:45h.
- Entrega de libros de texto: do 1 ao 15 de setembro.
Adaptación das programacións
4 anos – Farm animals
Hoxe continuamos repasando os farm animals. Primeiro coa canción Down on the Farm para repasar o vocabulario da semana pasada:
Logo poden facer unha actividade interactiva sinxela: https://es.liveworksheets.com/my498526yj
E poden rematar escoitando a canción The Animals on the Farm para repasar os sons que fan os animais en English:
Olvideime de comentar que as actividades se poden enviar a lucia.ares@gmail.com . Desculpade.
3 anos – I want to be a cat
Hoxe imos repasar os animals e ver algún novo (tortoise, fish), empezando con esta historia: https://elt.oup.com/student/daisyrobinandme/level01/videos/unit04?cc=global&selLanguage=en
Logo poden repasar os animais con estas actividades (abrir en Google Chrome): https://es.liveworksheets.com/nr511157gq
Para rematar poden traballar os números 1-10 coa canción Ten in the bed:
Olvideime de comentar que as actividades se poden enviar a lucia.ares@gmail.com . Desculpade.
Proposta de traballo do 18 ao 22 de maio
SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO
A tarefa desta semana é que poñades en práctica as actividades que se presentan no programa “Móvete connosco na casa”. Unha iniciativa posta en marcha a través da Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Consta de 3 vídeos dunha duración de 15 minutos aproximadamente. Están deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material e dunha maneira sinxela, divertida e significativa. Podedes atopalas nos seguintes enlaces:
Ademais, gustaríame que me contaras como fas para manterte activo/a durante esta temporada de confinamento. Para iso, podes enviarme un correo electrónico contando as actividades que fas e algunha imaxe ou vídeo ao seguinte enderezo:
sesanovo@edu.xunta.es (Infantil, 1º e 2º)
jpuga@edu.xunta.es (3º, 4º, 5 e 6º)
Proposta de traballo do 18 ao 22 de maio
Hoxe é 17 de maio. As mestras de 2º desexámosvos FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! Esperamos que disfrutásedes aprendendo algunha cousiña coas actividades de Carvalho Calero da semana pasada.
Non esquezades ir aos apartados de Música, Educación Física e Relixión para participar nas propostas dos mestres e mestras responsables destas áreas.
Tamén vos informamos que no apartado do Departamento de Orientación da páxina web do colexio, no seu blog Orientabaia, podedes atopar unha gran variedade de recursos sobre contos, lectoescritura, xogos educativos…