Proposta de traballo do 18 ao 22 de maio

Hoxe é 17 de maio. As mestras de 2º desexámosvos FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! Esperamos que disfrutásedes aprendendo algunha cousiña coas actividades de Carvalho Calero da semana pasada.

Non esquezades ir aos apartados de Música, Educación Física e Relixión para participar nas propostas dos mestres e mestras responsables destas áreas.

Tamén vos informamos que no apartado do Departamento de Orientación da páxina web do colexio, no seu blog Orientabaia, podedes atopar unha gran variedade de recursos sobre contos, lectoescritura, xogos educativos…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *