Daily Archives: 19 abril, 2020

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o » Día do libro » , polo tanto vos deixo a letra da nosa canción : » O libro» de Pablo Díaz para que cantedes todos e a partitura por si vos animades acompañar co xilófono virtual ( 2º – 3º- 4º ) ou coa flauta ( 3º-4º ) .

TAREFAS 1º NIVEL PARA A SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL.

A continuación podedes atopar un horario e un documento coas actividades semanais distribuidas por días. O horario ten carácter orientativo e o seu fin é intentar equilibrar o tempo diario adicado ás tarefas escolares. Este horario non é obrigatorio, o alumnado pode organizarse doutro xeito en función da dispoñibilidade das familias e do uso de dispositivos electrónicos e conexión a internet necesarios.

Aquelas familias que non recibiron os libros, poden ir empezando polas tarefas nas que estes non son necesarios.

No horario non aparece a materia de Educación Física xa que consideramos importante que todos os días adiquen un ratiño a algunha actividade física, xogo…

https://docs.google.com/document/d/1Ehd1q3awONXWzMFMqFlpYa3E0Z87zXwDXKpndK7ujIU/edit?usp=sharing

PROPOSTA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Os mestres de EF esperamos que todos e todas esteades ben de saúde e de ánimo. Nós que coñecemos os beneficios da actividade física para toda a poboación e en especial para os nenos e nenas, queremos ofertarvos actividades para realizar cos vosos fillos e fillas neste período de confinamento. Esperamos que sexan do voso agrado e que vos axuden a sobrelevar esta situación o mellor posible.

Información sobre o desenvolvemento do 3º trimestre e proposta de traballo do 20 ao 24 de abril

TAREFAS (SEMANA 20-24 ABRIL)

RELIGIÓN