Monthly Archives: abril 2020
DÍA DO LIBRO
O 23 de abril é o » Día do libro » , polo tanto vos deixo a letra da nosa canción : » O libro» de Pablo Díaz para que cantedes todos e a partitura por si vos animades acompañar co xilófono virtual ( 2º – 3º- 4º ) ou coa flauta ( 3º-4º ) .


TAREFAS 1º NIVEL PARA A SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL.
A continuación podedes atopar un horario e un documento coas actividades semanais distribuidas por días. O horario ten carácter orientativo e o seu fin é intentar equilibrar o tempo diario adicado ás tarefas escolares. Este horario non é obrigatorio, o alumnado pode organizarse doutro xeito en función da dispoñibilidade das familias e do uso de dispositivos electrónicos e conexión a internet necesarios.
Aquelas familias que non recibiron os libros, poden ir empezando polas tarefas nas que estes non son necesarios.
No horario non aparece a materia de Educación Física xa que consideramos importante que todos os días adiquen un ratiño a algunha actividade física, xogo…

PROPOSTA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Os mestres de EF esperamos que todos e todas esteades ben de saúde e de ánimo. Nós que coñecemos os beneficios da actividade física para toda a poboación e en especial para os nenos e nenas, queremos ofertarvos actividades para realizar cos vosos fillos e fillas neste período de confinamento. Esperamos que sexan do voso agrado e que vos axuden a sobrelevar esta situación o mellor posible.
NUMBERS (INTERACTIVE ACTIVITY) 3RD GRADE
https://es.liveworksheets.com/cg24401sz
Write the numbers. Listen and choose. When you finish click on «terminado» and you can check your answers.
Escribe os números. Escoita e elixe. Cando termines marca en terminado e podes comprobar as túas respostas.
NUMBERS (3rd GRADE)
Working with numbers. Circle the correct number. Write.
Trabajando con números. Rodea el número correcto. Escribe.
Para aqueles alumnos que non podan imprimir a ficha pódena realizar na súa libreta de inglés.
Toca Bailar
Ola chic@s : esta semana imos bailar , e así, faremos un pouco de exercicio. Practicade moito e a volta o bailaremos todos xuntos.
















































