Monthly Archives: abril 2020

Actividade da semana 27 -30 / 04/2020

Linguaxe musical : Todas as semanas vos enviarei unha ficha de repaso dos contidos dados ata agora .

Senón sodes capaces de descargala ou non tedes impresora , facedea na libreta de música

Partitura para frauta ,piano, xilófono …..

No caso de que teñades algunha dúbida comunicadevos conmigo a través desta páxina ou do meu correo ( mcerecedo@edu.xunta.es )

Piano virtual :

https://www.imusic-school.com/es/herramientas/piano-en-linea/

Xilófono virtual

http://xilofono.onlinegratis.tv/virtual/tocar-xilofono.htm

RELIGIÓN

TAREFAS 3º,SEMANA 27 AO 30 ABRIL

Imos alá coa 2ª semana da conta atrás!!Adaptade as tarefas aos vosos ritmos e as vosas necesidades.

Esta semana tamén vos propoñemos de forma voluntaria, para que vaiades facendo aos poucos as tarefas que realizabades en LUDI_TECA coa Cruz Vermella, botádelles un vistazo porque son enriquecedoras e entretidas! O venres é festivo, así que podedes disfrutar dese día en familia!!

Linguaxe musical

Cada semana vos deixarei unha ficha de repaso dos contidos musicais e un xogo , musicograma ,canción…

As corcheas e a rock&rolear

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Onte celebrouse o Día do Libro. Para conmemorar este día e sumarnos a esta importante efeméride, que adquire máis sentido se cabe nestes días de confinamento nos que os libros deben ser unha ferramenta básica para a educación e o entretemento no fogar, presentamos este vídeo como unha clara mostra de que a lectura é un hábito de vida no CEIP SANTA BAIA.

E, coidado, é CONTAXIOSO !!!

 CANDO SE CONTRAE A AFECCIÓN Á LECTURA, É DIFICIL CURAR !!!!

https://drive.google.com/file/d/1LXGJBeiGdZOzoF_N0u1iUGs5TQmmqE-y/view?usp=sharing

Feliz Día do LIBRO !!!

Como este ano non podemos facer  a actividade de Apadriñamento Lector no cole,  Marta Ríos, facendo de madriña para todos nós, agasállanos con este contacontos de  Paula Carballeira, titulado, “Chímpate Pepa”. 

A distancia impide  un bico e unha aperta, pero non un sentimento de cariño e agradecemento para ti, Marta.

Art in English (4th grade)

Draw your own version of this famous painting by Vincent Van Gogh. (The Starry Night) (Imaxe recollida no libro Van Gogh para niños un viaje con pinceladas de luz -Susaeta-)

Debuxa a túa propia versión desta famosa pintura de Vincent Van Gogh. ( A noite estrelada) (Imaxe recollida no libro Van Gogh para niños un viaje con pinceladas de luz -Susaeta-)

Solucións semana (20-24 abril)

THE ALPHABET SONG

ENJOY THE SONG!!!!!https://www.youtube.com/watch?v=36IBDpTRVNE