Daily Archives: 13 mayo, 2024

Campamento concilia verán 2024

O prazo de inscrición é dende o día 9 ata o 23 de maio.

Letras Galegas 20024: Luísa Villalta

Arrincamos a semana das Letras Galegas co esbozo biográfico da escritora homenaxeada o próximo 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2024: Luísa Villalta.

A estación

Onda nós nunca pasan os trens,
So chegan ou parten.
Por iso tamén somos nós
a nosa última estación
o noso amor definitivo.
…
Onde nós non hai nunca outro destino
que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo.
Máis alá
máis alá somente o mar
e a incertidume da luz
o extremo
o abismo
o espello detido en nós.

Luísa Villalta Gómez nace en A Coruña en 1957. Licenciada en filoloxía, a súa vida profesional ligouse á docencia en varios institutos, destacando tamén no eido da música, ao formar parte como violinista da Orquestra de Santiago de Compostela ou da Xove Orquestra de Galicia. Dunha intensa actividade cultural, participou en seminarios, recitais, e colaborou en revistas como A Nosa Terra, Grial ou Trabe de Ouro, entre outras, sendo compilados algúns dos seus artigos no Libro das colunas, de 2005, despois xa do seu falecemento, en 2004, á temperá idade de 46 anos, a causa dunha menixite. Os seus restos descansan no cemiterio de Santo Amaro de A Coruña.

Cultivou diversos xéneros, poesía, teatro, narrativa e ensaio, participando tamén en traducións e obras colectivas. A súa poesía é intimista, á vez que comprometida e feminista, e está salpicada de múltiples referencias ambientais e sobre a súa cidade, A Coruña. Aprézanse na autora trazos que a aproximan ortográficamente ao galego reintegracionista de mínimos. Entre os seus recoñecementos figuran o levar o seu nome unha rúa da cidade de A Coruña, premios da Universidade e Deputación de A Coruña, a biblioteca o IES Isaac Díaz Pardo de Sada, ou o dedicarlle o Día das Letras Galegas deste ano 2024. En 2003 recibiu o premio Espiral Maior.

Como homenaxe á súa figura, rematamos con esta dedicatoria aparecida en elDiario.es en 2023: “Luísa Villalta, a poeta que escribiu a cidade en tinta de mar”.