Daily Archives: 5 mayo, 2024
1º semana de maio
Boas familias! Esta 1º semana de maio estivemos a argallar varias cousiñas pola aula de AL. Por un lado estivemos coma sempre facendo diversas actividades relacionadas coa linguaxe pero esta semana fixémonos escritores para as nosas nais. O alumnado estivo a diseñar cartas moi bonitas e especiais para agasallar as súas nais nese día ( algunhas son fermosas e con moito corazón ).
Tamén estivemos a xogar ao mercadillo co alumnado de infantil para traballar vocabulario e articulación de sons xa adquiridos.
![](https://santabaia.es/wp-content/uploads/2024/05/WhatsApp-Image-2024-05-05-at-20.33.16-768x1024.jpeg)
Como sabedes, a motricidade fina é moi importante, xa que é unha habilidade moi necesaria para facer tarefas de destreza manual como abotoarse, escribir,recortar, manipular, etc. O desenvolvemento da mesma, é crucial na infancia xa que permite aos nenos/as explorar o seu entorno, aprender habilidades académicas e desenvolver a independencia de actividades cotiás. É por iso que moitas veces utilizamos na aula de AL diversos recursos como o que vades ver, para potenciala . Nesta imaxe ademáis da motricidade fina estamos a traballar a orientación visoespacial.
![](https://santabaia.es/wp-content/uploads/2024/05/WhatsApp-Image-2024-05-05-at-20.33.32-768x1024.jpeg)
Non vos vou a volver a falar da importancia da conciencia fonolóxica e a súa relación co proceso lectoescritor por iso , como vedes, é algo continuo na aula de AL.
![](https://santabaia.es/wp-content/uploads/2024/05/WhatsApp-Image-2024-05-05-at-20.33.13-1-1024x768.jpeg)
Para rematar déixovos un video moi chulo onde unha alumna de 4ºcurso de primaria ensínanos vocabulario da familia en Lingua de Signos. Esta vindeira semana subiremos algúns mais.