Daily Archives: 20 mayo, 2024
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-2025
Comeza o proceso de solicitude de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-2025.
Prazo de solicitude: desde o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.
A contía da axuda para adquirir material escolar será a seguinte:
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.
O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2022, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (certificado de imputacións).
LISTADOS PROVISIONAIS; venres 28 de xuño.
PERÍODO ALEGACIÓNS; luns 1 e martes 2 de xullo.
LISTAXES DEFINITIVAS; mércores 3 de xullo.
Poden pasar a recoller os vales a partires do xoves 4 e ata o xoves 18 de xullo en horario de secretaría. Tamén poden recollelos en setembro.
Os libros de texto entregaranse en setembro.
Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/