Daily Archives: 25 marzo, 2019

Actividade Naturais/Sociais 5º

Informamos da actividade programada para o próximo martes 26 de marzo ás 10:00h. Actividade natural/cultural na contorna do Centro.

Participan alumnado do CEIP SANTA BAIA (Boiro) e do CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ (Asados-Rianxo)
Colaboran CONCELLO DE BOIRO, concellerías de medioambiente, cultura e turismo.

Actividades e localización
Estación 1: visita guiada aos muíños de Goians
Estación 2: recollida e selección de residuos en Praia Xardín
Estación 3: ginkana no parte «das Tirolinas» Esteiro do Río Coroño
Estación 4: recoñecemento e localización de árbores autóctonas no Esteiro do Río Coroño

PROGRAMACIÓN
9:40h xuntanza no CEIP Santa Baia, dividimos grupos e dirixímonos ás distintas estacións.
10:00h comezamos nas distintas estacións (30′)
10:40h comeza 2º estación. (30′)
11:10h descanso para merenda e cambio estación.
11:30h comeza 3ª estación. (30′)
12:10h última estación (30′)
12:40h fin de actividade e volta ao centro

Que teñen os nosos xóvenes na cabeza? …

Estimadas familias,

Comprácenos convidalas á ÚLTIMA xuntanza de EspazoFamilias (EFs): Os estilos parentais e as condutas aditivas na adolescencia,  que terá lugar o xoves 9 de MAIOna Casa da Cultura Ramón Martínez López ás 18:00 horas.

O programa deste EFs abranguerá catro xornadas de dúas horas de duración. Teñen un carácter preventivo, polo que están indicados para familias con alumnado en idade adolescente ou de primaria, son altamente recomendables:

  • 9 de maio: A adolescencia e internet: redes sociais, videoxogos, xogos e apostas online.

Os expertos que guiaron esta actividade formativa son os mencionados a continuación:

 Prof. Dr. MANUEL ISORNA FOLGAR

Prof. Dr. ANTONIO RIAL BOUBETA

Psicóloga clínica Dª BELÉN MONTESA

Poden inscribirse para esta última actividade (non obriga a asistir a todas, só é un documento de previsión que nos axuda a unha correcta organización) temos previsto para o vindeiro xoves 9 de maio ás 18:00h no salón de actos da casa da cultura «Ramón Martínez López» A CACHADA.

Os obxectivos da sesión:

  • 9 de maio: A adolescencia e internet: redes sociais, videoxogos, xogos e apostas online. Qué debo saber como pai/nai?
  • Será conducido polo dr. Manuel Isorna Folgar.
  • Ao remate, faremos unha posta en común para valorar e tentar mellorar esta iniciativa durante un ágape que prepara o concello.

Contamos con vós. Sen a vosa participación esta actividade non terá ningún sentido.

Inscricións en calquera secretaría dun ceip / ies boirense ou en espazoboiro@gmail.com.