Que teñen os nosos xóvenes na cabeza? …
Estimadas familias,
Comprácenos convidalas á ÚLTIMA xuntanza de EspazoFamilias (EFs): Os estilos parentais e as condutas aditivas na adolescencia, que terá lugar o xoves 9 de MAIOna Casa da Cultura Ramón Martínez López ás 18:00 horas.
O programa deste EFs abranguerá catro xornadas de dúas horas de duración. Teñen un carácter preventivo, polo que están indicados para familias con alumnado en idade adolescente ou de primaria, son altamente recomendables:
- 9 de maio: A adolescencia e internet: redes sociais, videoxogos, xogos e apostas online.
Os expertos que guiaron esta actividade formativa son os mencionados a continuación:
Prof. Dr. MANUEL ISORNA FOLGAR
Prof. Dr. ANTONIO RIAL BOUBETA
Psicóloga clínica Dª BELÉN MONTESA
Poden inscribirse para esta última actividade (non obriga a asistir a todas, só é un documento de previsión que nos axuda a unha correcta organización) temos previsto para o vindeiro xoves 9 de maio ás 18:00h no salón de actos da casa da cultura «Ramón Martínez López» A CACHADA.
Os obxectivos da sesión:
- 9 de maio: A adolescencia e internet: redes sociais, videoxogos, xogos e apostas online. Qué debo saber como pai/nai?
- Será conducido polo dr. Manuel Isorna Folgar.
- Ao remate, faremos unha posta en común para valorar e tentar mellorar esta iniciativa durante un ágape que prepara o concello.
Contamos con vós. Sen a vosa participación esta actividade non terá ningún sentido.
Inscricións en calquera secretaría dun ceip / ies boirense ou en espazoboiro@gmail.com.
Deja una respuesta