Daily Archives: 7 marzo, 2019
E contamos con axuda!
Un dos espazos que máis conflitos xera durante as xornadas lectivas é o patio de recreo, a ditadura do balón, a falta de variedade de xogos, as dificultades para as interaccións, … lévannos a reformular o espazo do patio.
Por un lado, a existencia do programa patios y parques dinámicos, creado por Gey Lagar https://patiosyparquesdinamicos.com/patios-din%C3%A1micosfacilítanos o labor e ponnos no camiño para introducir novos espazos lúdicos no patio ademais de facilitar o acceso a estes xogos ao alumnado con dificultades para a interacción con outros nenos e nenas.
Os PATIOS DINÁMICOS é unha actuación iniciada o curso pasado, tras a asistencia dun grupo de mestres a unha formación que a súa creadora Gey Lagar
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2019/05/03/recordamos-companero-jugaba-patio/impartiu na asociación AMICOS. Desde entón, e en colaboración coas monitoras e dous usuarios desta asociación, os recreos de todos os xoves corresponden a patios dinámicos. Xogos variados e adaptados, repartidos por unha zona do patio e anticipados no PANEL DOS PATIOSinvitan a xogar e desfrutar, evitando a competitividade e procurando que todo o alumnado que o desexe poida participar, entenda o xogo (apoios visuais informan do modo de xogar) e interactue cos iguais.
Os pasados 13 e 14 de febreiro, Gey Lagar visitou o noso patio, e desta visita deixou constancia na páxina “Patios y Parques dinámicos” que ten no facebook:
E o seguinte enlace, amosa ao CEIP Santa Baia xunto a outros coles no mapa de implementación do programa en Galicia.
Folga 8M
Mañán venres 8 de marzo, podería que a titora ou titor da súa filla/o secunden a folga convocada. A dirección do Centro asegurará a apertura no horario habitual e uns servizos mínimos garantizados.
«El año pasado España vivió la primera huelga feminista, para combatir la desigualdad y la violencia que afrontan las mujeres en diferentes ámbitos de sus vidas, pero no se trató de un paro al uso. La movilización se orquestó en torno a cuatro ejes, que se mantienen en la convocatoria de este 8 de marzo, Día Internacional de la Mujer: laboral, estudiantil, de cuidados y de consumo. En el mundo del trabajo, el movimiento feminista ha llamado a que las mujeres abandonen sus puestos durante todo el día, pero en los diferentes sindicatos –que son los que legalmente registran la convocatoria de huelga– han optado por varias modalidades de paros y llaman a que mujeres y hombres secunden. » (extracto do Diario.es)
Normativa reguladora desta folga:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190301/AnuncioG0244-280219-0006_gl.pdf