Daily Archives: 26 mayo, 2026

Descarga de boletíns desde o abalarMóbil

Informar que xa está dispoñible en abalarMóbil e espazoAbalar unha nova funcionalidade para as familias, que permite descargar o informe de avaliación en formato PDF.

Para acceder a este servizo, deben entrar no apartado “Cualificacións” e seleccionar “Solicitar informe de avaliación”. Unha vez realizada a solicitude, recibirán ao cabo duns minutos, unha notificación push indicando que o documento xa está dispoñible para a súa descarga.

Pódese consultar toda a información sobre abalarMóbil no portal espazoAbalar:
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil

Neste mesmo espazo tamén está dispoñible o manual de uso en formato PDF:
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil/descarga-manual-pdf

Saúdos!