Daily Archives: 19 mayo, 2026
BOLSAS NEAE 26/27
Estimadas familias,

Desde o centro informámosvos de que a partir de hoxe, martes 19 de maio, está aberto o prazo para tramitar as bolsas para o alumnado con necesidades educativas específicas (Bolsas NEAE do Ministerio de Educación).
Na seguinte ligazón podedes acceder á web do Ministerio de Educación: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2026.html#dc1
Aí poderedes consultar o texto da convocatoria das bolsas 2026/27 e tamén acceder directamente á sede electrónica para comezar a tramitación, seguindo estes pasos. A pesar de que o prazo estará aberto ata o 10 de setembro de 2026, recomendamos que non o deixedes para os últimos días. Tamén podedes revisar o tipo de axudas que conceden e as cuantías.
Para calquera aclaración, podedes chamar ao teléfono do centro e preguntar pola orientadora (Natalia). Tamén podedes pedir información na Unidade de Bolsas Coruña: 981184741 – 981184742

















































