Daily Archives: 25 abril, 2024
Cousiñas de abril e chegando maio
Rematando o mes de abril deíxovos algunhas fotos das actividades que andivemos a facer na aula de AL.
O Tangram , é unha ferramenta moi versátil que nos axuda a traballar moitos aspectos. Neste caso ,estivemos a promover a creatividade, potenciar a coordinación motora e como non a mellorar o razonamento e pensamento lóxico, pensamento abstracto e a resolución de problemas. Como especialista recoméndovolo para usar na casa e xogar en familia,posto que é recomendado ata os 99 anos 🙂 .
Esta semana pasada, marchou a nosa alumna de prácticas Vane coa que o alumnado estivo moi contento ,pois se implicaba moito e foi moi cariñosa. Aquí podémola ver traballando nunha sesión de AL de infantil e alumnado TEA onde trata de potenciar a motricidade fina, coordinación mano-ollo e o inicio da grafía das letras.
Polo Día do Libro somos Detectives e tiramos do recurso dunhas compañeiras e fixemos de detectives mediante a comprensión lectora. Foi unha actividade que lles gustou moito, pois tiñan que ir seguindo as pistas e enganos buscando ao ladrón entre seis sospeitosos. Toda esta tarefa require de esforzo mental, traballo de razoamento, planificación, organización dos datos, comprensión lectora e ….. INTUICIÓN!! pois non é todo o que parece.
E que me dicides da actividade magnífica de Diverlexia » Metodo Diverlexia» realizada por unha alumna ? A verdade, pareceume moi creativa a asociación que encontrou entre os grafemas ( letras) e unha posible representación , mediante un debuxo que posteriormente o convertirá na súa percepción mental cada vez que teña que recordar como se escribe dita letra. Para que o entendades mellor… cando quera saber como se escribe VER recordará o debuxo da nena cunha V sinalando os ollos e non dará lugar a erro na escritura.
Kamishibai: Ademais do alumnado de 6º uníronse o grupo de 1 para traballar co Kamishibai pero… sabedes que é un Kamishibai? Pois é unha forma tradicional xaponesa de contar historias combinando as imaxes ou debuxos con narración oral «teatro de papel». Hoxe en día utilízase nas escolas, bibliotecas e outros para contar historias, promover a alfabetización e favorecer a arte. Este Kamishibai coñecido como » Kamishibai do hospital, pilulas para un mundo mellor» é obra de Marta Pena Area @martapenaarea , Pilar Porta @porta_pilar e ilustracións de Gabriel Dominguez, os cales fixeron realidade este proxecto gracias ao apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística. Ahí vos deixo algunhas das imaxes do gran traballo feito polo alumnado de 1º e o apoio da profe Lucía que sempre está disposta a facer cousiñas molonas.
E por último o traballo de lectura global combinado coa conciencia fonolóxica a tope para incidir nas dificultades do Principio Alfabético. Neste punto elaborei unha chea de palabras sinxelas do voculario habitual de neno e un xogo de imaxes para asocialas posteriormente.
Despídome de vos desexando unha boa entrada no mes de maio, o meu mes favorito , cunha frase: «Que en maio, cada día sexa unha aventura chea de risas e descubrimentos, onde os soños voen alto coma cometas e a imaxinación sexa a tua mellor compañeira de xogos»