Daily Archives: 8 abril, 2024
Chegou a Primavera o tempo das flores!
Boas familias , nesta entrada imos compartir algunhas cousiñas que quedaron pendentes antes das vacacións da Pascua, xunto con outras novas.
En primeiro lugar, gustaríame compartir unhas imaxes dun contacontos que fixo unha alumna da aula de AL co alumnado de 2º Primaria.
O traballo cos contacontos é moi recomendable, posto que fomenta o desenvolvemento da lectoescritura, axuda a espertar o interese pola lectura, aumenta o vocabulario, mellora a comprensión lectora , transmite cultura, estimula o pensamento creativo levando aos ointes a mundos imaxinarios e desenvolve as habilidades comunicativas . É por iso, que decidimos dende a aula de AL , participar con este proxecto dunha das titoras de 4º e levalo a cabo nos 2ºs cursos debido aos seus beneficios para co alumnado ointe así como para a alumna que vai facer a interpretación do mesmo. Durante as sesións de AL pasámolo ben acabando de decorar e preparando a exposición do mesmo. Ahí van algunhas fotos!
Por outro lado, gustaríame destacar o gran traballo que fixo o alumnado de 6ºA xunto coa profe Susana co Kamishibai coa idea de crear alianzas e traballar xuntos na procura dun mundo sostible. Pero… sabedes qué é un Kamishibai? Pois é unha forma tradicional xaponesa de contar historias combinando as imaxes ou debuxos con narración oral «teatro de papel». Hoxe en día utilízase nas escolas, bibliotecas e outros para contar historias, promover a alfabetización e favorecer a arte.
Este Kamishibai coñecido como » Kamishibai do hospital, pilulas para un mundo mellor» é obra de Marta Pena Area , Pilar Porta e ilustracións de Gabriel Dominguez, os cales fixeron realidade este proxecto gracias ao apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística. Ahí vos deixo algunhas das imaxes do gran traballo feito polo alumnado.
Coma fin da entrada de hoxe , compártovos algunhas fotos do traballo de articulación co Speechify para corrixir a articulación inadecuada do fonema rótico /r/ e algún exercicio de conciencia fonolóxica ( conciencia fonémica- xogando cos sons e as palabras auditivamente).