Daily Archives: 30 noviembre, 2022
Habilidades sociais con Historias Sociales no TEA
Esta semana falamos de algo que estivemos a traballar na aula de AL, as historias sociais. O alumnado con TEA, ten dificultades para comprender moitas das situacións que acontecen no seu día a día ( exemplo: deixar sentarse a alguen maior no tren , porque chamar a unha ambulancia nun accidente, etc.). Todas estas situacións cotidianas que nós estamos acostumados/as a manexar, son para eles/as difíciles de comprender xa que as viven de maneira diferente. Derivado de todo isto , as veces nos atopamos con problemas conductuais, frustracións , ansiedade e outros , e é por iso que o traballo coas historias sociais axúdaos/as a ese enfrontamento situacional. As historias sociais sérvenlles para entender un pouco mellor o mundo , xa que aclara situacións que poden ser difíciles ou confusas ( sinais sociais, sentimentos da xente, o que podo facer ou non, etc .) Hoxe vos deixo unha foto das historias que traballamos na aula con alumnado TEA para entender o que está ben e non está ben ( posteriormente de facelo de maneira visual o falamos e explicamos para darlle sentido ). Consello para facer as historias sociais : armarse de paciencia, argallar no ordenador cos pictogramas, usar frases en 1º persona frases que definan acontecementos , frases que dirixan os seus actos, frases perspectivas do que poden sentirse eles/as ou os demáis e frases de control para recordarlle o que teñen que facer. Saúdos e que teñades boa noite!