Daily Archives: 17 noviembre, 2022
Nunca entendín o mundo Pokemon pero as veces é necesario como recurso AL…
Boas a todos/as , hoxe comparto dúas fotos dalgunhas cousiñas que estivemos a traballar na aula de AL. Por un lado xogamos coas casiñas léxicas que nos serven para aumentar vocabulario dos alumnos/as de infantil traballando por categorías ( elementos da casa, mobles, xoguetes, animais, etc.). Con elas os alumnos/as poden nomear, recoñecer o que se lle demanda ou definir un concepto. Por outro lado, baseándonos nos gustos dalgún alumno ( estratexia para facerlle máis agradable a tarefa) fixemos carreiras con Pokemon para conseguir a Pokeball a medida que imos escribindo ben as palabras . Nesta tarefa o que se quere traballar e a «LOUCURA» da B e da V que tanto lles trae de cabeza. Co xogo, imos interiorizando e diferenciando o uso das mesmas en palabras de ortografía regrada e arbitraria con este fonema tan «tolo» de doble grafema.
MINUTO DE SILENCIO EN CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO
En conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero convídalle a gardar un minuto de silencio ás 12:00 horas do venres, 25 de novembro de 2022, en calquera punto no que se atope, en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un problema estrutural, que nos involucra a toda a sociedade.
Santiago de Compostela, novembro de 2022