Daily Archives: 10 diciembre, 2014
» UN OUTONO PICTÓRICO»
O alumnado de 1º acabamos, coma quen di, de aterrar no edificio dos maiores e xa aprendemos cousas interesantes para compartir con todos vós.
PINTORES e CADROS entraron nas nosas aulas para con eles descubrir o valor artístico e as mensaxes que os cadros agochan.
Da man do pintor noruego «Eduard Munch» abrímoslle a porta ao mundo dos medos e rematamos na celebración do Samaín:
Como tamén queriamos descubrir aos pintores españois, fixámonos nas ilusións ópticas que utilizaba o catalán «Salvador Dalí», dentro da unidade didáctica dos sentidos.
A pintura galega entrou da man de «Carlos Maside», precursor das vangardas en Galicia,dentro do proxecto de centro «BAIA MUSEO».
Continuamos a nosa andaina cunha visita ao museo de Pontevedra, para aprender a mirar cadros, moitos de nós por primeira vez. E rematamos converténdonos, segundo as nosas profes, nuns bos pintores.NON SI?
EN BREVE DISFRUTAREDES DAS NOSAS CREACIÓNS!