» UN OUTONO PICTÓRICO»

O alumnado de 1º  acabamos, coma quen di,  de aterrar no edificio dos maiores e xa aprendemos cousas interesantes para compartir con todos vós.

PINTORES e CADROS entraron nas nosas aulas para con eles descubrir o valor artístico e as mensaxes que os cadros agochan.

Da man do pintor noruego «Eduard Munch» abrímoslle a porta ao mundo dos medos e rematamos na celebración do Samaín:

DSC02064         DSC02062

Como tamén queriamos descubrir aos pintores españois, fixámonos nas ilusións ópticas que utilizaba o catalán  «Salvador Dalí», dentro da unidade didáctica dos sentidos.

A pintura galega entrou da man de «Carlos Maside», precursor das vangardas en Galicia,dentro do  proxecto de centro «BAIA MUSEO».DSC02066

Continuamos a nosa andaina cunha visita ao museo de Pontevedra, para aprender a mirar cadros, moitos de nós por primeira vez.  DSC02082 E rematamos converténdonos, segundo as nosas profes, nuns bos pintores.NON SI?DSC02069

EN BREVE DISFRUTAREDES DAS NOSAS CREACIÓNS!

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *