Category Archives: 1º
Semana da ciencia. Venres 17.
O alumnado de 1º tivo a oportunidade de ver o que se pode facer cunhas simples pezas de construción, un motor, un mando a distancia e imaxinación. Un alumno de 6º amosóunolo.
PARTICIPACIÓN DOS PRIMEIROS NO PROXECTO DOS MUÍÑOS DE GOIÁNS
Se queredes saber que actividades realizamos para participar no proxecto plantexado pola biblioteca do noso cole para este curso, non perdades detalle do seguinte vídeo.
OS PIRATAS DE 1º
Con motivo do Día do Libro, os nenos/as de 1º elaboraron estes divertidos libros de piratas.
1ºA
» UN OUTONO PICTÓRICO»
O alumnado de 1º acabamos, coma quen di, de aterrar no edificio dos maiores e xa aprendemos cousas interesantes para compartir con todos vós.
PINTORES e CADROS entraron nas nosas aulas para con eles descubrir o valor artístico e as mensaxes que os cadros agochan.
Da man do pintor noruego «Eduard Munch» abrímoslle a porta ao mundo dos medos e rematamos na celebración do Samaín:
Como tamén queriamos descubrir aos pintores españois, fixámonos nas ilusións ópticas que utilizaba o catalán «Salvador Dalí», dentro da unidade didáctica dos sentidos.
A pintura galega entrou da man de «Carlos Maside», precursor das vangardas en Galicia,dentro do proxecto de centro «BAIA MUSEO».
Continuamos a nosa andaina cunha visita ao museo de Pontevedra, para aprender a mirar cadros, moitos de nós por primeira vez. E rematamos converténdonos, segundo as nosas profes, nuns bos pintores.NON SI?
EN BREVE DISFRUTAREDES DAS NOSAS CREACIÓNS!