Category Archives: INFANTIL
Xornada de portas abertas para o alumnado que obtivo praza no proceso de admisión

O xoves 6 e venres 7 de xuño todas aquelas familias do alumnado que superou o proceso de admisión para o próximo curso en 4º de infantil (3 anos), poden vir cos nenos e nenas e acompañarnos desde as 10:00h para realizar un primeiro contacto co Centro.
As mestras do equipo de infantil explicarán algunhas normas do Centro e organizarán unha actividade co alumnado.
Para unha mellor organización, convocamos aos 25 primeiros por orde alfabética para o xoves (desde Abalo Rincón ata Lorenzo Gómez), e o resto o venres (desde Lorenzo Rey a Vázquez Rodríguez). Por favor, avisen se teñen que cambiar o día, grazas.
SAÚDOS, e benvid@s ao CEIP Santa Baia
2º seguimento, Proxecto ELISA

É un breve documento resumo dos datos recabados, neste caso, durante o segundo ano de andadura do proxecto (véxase documento adxunto). Desexamos que a través da súa lectura, quenes formades parte da Comunidade ELISA obteñades información do avance do estudo e poidades comprobar a vosa importancia como participantes do mesmo. Confíamos en que esta información sexa do voso que interese e vos anime a seguir implicadas/os no estudo.
RESULTADO Enquisa sobre a nova organización da saída de infantil.

Agradecemos ás familias do alumnado de educación infantil a participación nesta enquisa!!!
CLICA PARA VER O RESULTADO: resultadosENQUISA
SAÚDOS.
NOVA ORGANIZACIÓN DAS SAÍDAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Co afán de mellorar a organización das saídas do alumnado, imos a poñer a proba o seguinte sistema. Desde o luns 1 de outubro, cada responsable do alumnado dirixirase á porta da aula (ver plano) do alumno/a que veña a recoller.
IMPORTANTE, respectar un espazo ao redor da porta da aula para que non interromper a entrega do alumnado.