Category Archives: Destacado-inicio
Admisión alumnado 26/27
Comeza o proceso de admisión para matrícula do curso 2026/2027.
Prazo reserva IES adscrito (IESP A Cachada): do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.
- Este prazo é para o alumnado de 6º primaria que continúe os seus estudos no IES adscrito A Cachada (o resto terán que realizar a solicitude de admisión no prazo ordinario no IES ao que optan). Poden facelo online (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) ou entregando o impreso ED550A na secretaría do centro (poden recoller tamén aquí unha copia).
Prazo solicitude ordinaria de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
- O prazo para a solicitude online remata o 20 de marzo, pero de maneira presencial no centro poden entregalo ata o luns 23 de marzo.
Norma reguladora. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48760
Matrícula en liña
Banco de libros ANPA
Desde o venres 20 poden apuntarse para facer uso do banco de libros de texto que xestiona a Anpa.
Para participar chega con enviar un correo electrónico (anpatorredegoians@gmail.com) indicando o nome do alumno e o nivel educativo para o que vai a precisar os libros o próximo curso.
Aquelas familias que queiran doar os seus libros, poden deixalos na Secretaría do Centro.
Obxectos perdidos
Actividades extraescolares 2025-2026
HERBAS DE SAN XOÁN!
Resulta difícil establecer a listaxe das herbas que se han considerar como herbas de san Xoán, xa que se comproba unha gran variabilidade ao longo de Galiza. Si que se adoita dar a cifra de sete herbas diferentes. A máis estendidas son:
· Herba Luisa
· Estalote
· Fento
· Fiúncho
· Romeu
· Malva
· Xesta
. Herba de san Xoán
Recollemos no centro as que poidas aportar para preparar atados con elas e poder distribuílas ao alumnado que queira realizar o rito.
Podedes deixalas nos capachos que colocaremos na entrada ao edificio de primaria.
GRACIAS
https://gl.wikipedia.org/wiki/Herbas_de_san_Xo%C3%A1n
























































