Category Archives: NOVIDADES

6º C visitamos aos nosos ex-profes!!

Hoxe fomos ata o CEIP Praia Xardín para visitar aos nosos ex-metres, Vilas e Francisco. Cando chegamos  xa nos estaban esperando para levarnos ata a aula de audiovisuais. Non sabiamos porque querían que fóramos ata alí… e a nosa sorpresa foi que nos proxectaron un vídeo con fotos nosas de cando estábamos en 1º e 2º. Algúns de nós emocionamos moito posto que nos fixo lembrarnos do ben que o pasamos con eles. Non conformes con isto, ata nos deron unhas «chuches»!
Pasámolo xenial e dende aquí querémoslle dicir que foron (e temos constancia de que o seguen sendo) uns profes xeniais!!
Grazas por todo!

» UN OUTONO PICTÓRICO»

O alumnado de 1º  acabamos, coma quen di,  de aterrar no edificio dos maiores e xa aprendemos cousas interesantes para compartir con todos vós.

PINTORES e CADROS entraron nas nosas aulas para con eles descubrir o valor artístico e as mensaxes que os cadros agochan.

Da man do pintor noruego «Eduard Munch» abrímoslle a porta ao mundo dos medos e rematamos na celebración do Samaín:

DSC02064         DSC02062

Como tamén queriamos descubrir aos pintores españois, fixámonos nas ilusións ópticas que utilizaba o catalán  «Salvador Dalí», dentro da unidade didáctica dos sentidos.

A pintura galega entrou da man de «Carlos Maside», precursor das vangardas en Galicia,dentro do  proxecto de centro «BAIA MUSEO».DSC02066

Continuamos a nosa andaina cunha visita ao museo de Pontevedra, para aprender a mirar cadros, moitos de nós por primeira vez.  DSC02082 E rematamos converténdonos, segundo as nosas profes, nuns bos pintores.NON SI?DSC02069

EN BREVE DISFRUTAREDES DAS NOSAS CREACIÓNS!

 

BAIA ROCK BAND!!!

ROCKERSBAIA ROCK BAND… son…

David, Sheila, Pablo, Guiomar, Carlos, Elixa, Ramón, Alba, Valentín, Alecoy, Juan, Sergio, Juandaly, Ana, Xabier e Anabel.

 

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES NAS PROBAS DE SELECCIÓN

Foi moi difícil elexir porque o fixéstedes todos moi moi moi ben!!!

 

OS FINALISTAS!!!!!

Estes son os clasificados de cada categoría e a data na que se decidirá quen consegue entrar na banda… QUE NERVIOS!!!!

GUITARRISTAS: David 4ºC, Valentín 6ºD, Anelís 4ºA, Sheila 5ºC, Pablo 4ºA e Hugo 6ºD. Xoves 27 de novembro.

BATERÍAS: Ana 6ºC, Carlos 6ºA, Ramón 6ºC, Miguel 6ºA, Javi 6ºC e Adolfo 5ºC. Luns 1 de decembro.

BAIXISTAS: Aberto prazo inscripción ata o martes 2 de decembro (apuntarse na aula de música). Mércores 3 de decembro.

PERCUSIONISTAS:

PLACAS: Sergio 6ºA. Mércores 3 de decembro.

P.A.I.: Aberto prazo inscripción ata o martes 2 de decembro (apuntarse na aula de música). Mércores 3 de decembro.

CANTANTES: Ainhara 6ºD, Alba C. 5ºA, Alecoy 6ºA, Lucía 3ºC, Juandaly 4ºA, Guiomar 6ºD, Elisa 6ºB e Juan 6ºB. Xoves 4 de decembro.

TECLISTAS: Xabier 6ºD, Alba 4ºC, Alexandra 6ºD, Violeta 4ºC e Carlos 6ºB. Venres 5 de decembro.

APORTACIÓNS PERSOAIS:

Horto escolar… en marcha!

 

 

 

 

 

Hoxe, venres 3 de outubro, comezamos cas actividades para recuperar o horto escolar. Bernardino González como capitán desta experiencia, nos guía para poder conseguir un produtivo horto na escola.

CIMG4224

 

 

 

 

 

 

 

 

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º A estiveron traballando arreo para limpar camiños entre parcelas, quitar as herbas malas e recollendo follas que nos axudarán a facer a terra máis fácil de traballar e produtiva.

CIMG4199 CIMG4200 CIMG4202 CIMG4205

 

 

ATT_1416599078931_IMG_20141121_132638 ATT_1416599078587_IMG_20141121_132634

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa na cuarta xornada de horto se comeza a ver o froito do traballo de 3º, 4º, 5º e 6ºA…. Parabéns!!!!

IMG_20141121_132526 IMG_20141121_132536 IMG_20141121_132552

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Incluso o invernadoiro está casi listo para comezar a plantar!!!

ATT_1416599078333_IMG_20141121_132751 IMG_20141121_132514

Díptico informativo Equipo de Orientación

Díptico Dpto., pincha aquí.

 

Cooperación entre centros

COOPERACIÓN ENTRE CENTROS

100_3586  O día 17 de xuño, un grupo de alumnos/as do 1º ciclo  da ESO do IES Espiñeira, sorprendeunos coa súa representación teatral «A rebelión dos xoguetes».

Foi unha actividade moi enriquecedora na que os alumnos/as máis maiores compartiron con nós a súa  creatividade e amosáronos valores que non debemos esquecer:

-colaborar nas tarefas da casa

-tratarnos coma iguais sen diferencias de xénero

-respectar o noso entorno

 Foi unha experiencia fantástica!!!!!!!!!!! 

100_3592

Esperamos poder seguir colaborando no vindeiro curso con iniciativas coma esta.

100_3577

AMIGOS DE PACHACÚTEC

Este proxecto permitiunos coñecer unha realidade distinta á nosa.

Un dos valores que nós queremos fomentar na educación é que o alumnado adquira unha maior competencia social e cultural e para iso é preciso que coñezan a súa contorna e o que hai máis aló dela.

clip_image002

     Pachacútec é unha poboación do Perú coa que tivemos oportunidade de establecer contacto a través dun mestre galego que está a traballar nun colexio desa zona. Foi el quen    nos proporcionou información sobre como é a vida alí e nós quixemos achegarlles a nosa realidade,  ao seu alumnado, a partir dalgunhas das experiencias educativas que  vivimos  durante o curso.

                 Agora compartimos con vós o que alí recibiron!
  (Premer enriba para ver)
Amigos de 2º B CEIP SANTA BAIA
Presentación Magosto PERÚ