Category Archives: NOVIDADES
Doces do pasado para a intervención.
Boas tardes , hoxe voltamos ao pasado usando os chamados «Melody Pops» na intervención. Non sei se os recordades , pero a min gustábame moito soprar e tocar melodias mentras comía un rico chupachups de fresa. O outro día atopeinos por casualidade ! e pensei nalgúns dos meus rapaces de intervención e como podería utilizalos. O «Melody» esta semana foi de gran uso , sobre todo para os nenos con retraso na fala e problemas articulatorios. Algúns deles amosan dificultades á hora de utilizar os organos articulatorios ( dentes, meixelas, lingua, padal e labios ) o que lles leva a presentar dislalias , que fan que a súa fala sexa pouco intelixible. A pesar de non estar a favor coas intervencións do sopro ( xa que non quereos alumn@s sopradores) , como ben argumenta Susanibar, hoxe serviume o Melody para observar que algún alumno non tiña control á hora de respirar e soprar nin tampouco control lingual. Na sesión xogamos co Melody non para ser sopradores senon para estimular determinadas sensacións nun medio isotérmico como o interior da boca, no que os contactos son difíciles de notar por darse entre mucosas húmidas de saliva. Tamén estivemos a mover a lingua e ver as dificultades no control lingual , estimulamos a zona orofacial , sinalamos algunhas partes da boca co Melody , intentamos reducir o reflexo nausesoso, e tocamos UNHA LINDA MELODIA. Anímovos a utilizalos como recurso cos pequenos/as.


MINUTO DE SILENCIO EN CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

En conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero convídalle a gardar un minuto de silencio ás 12:00 horas do venres, 25 de novembro de 2022, en calquera punto no que se atope, en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un problema estrutural, que nos involucra a toda a sociedade.
Santiago de Compostela, novembro de 2022

Unha historia de vida.
Dende a aula de AL andamos a ver os gustos e particularidades nos nenos/as para poder traballar as súas necesidades. Un dos proxectos de traballo que temos en marcha cunha alumna , é unha árbore xeneolóxica para poder falar e escribir sobre a historia de vida ( excusa para traballar outras cousas), . Pero … unha árbore porqué? Pois mediante a árbore podemos falar e escribir da familia, de acontecementos ocorridos , de situacións e de historia . Tamén aprendemos a planificar unha redacción con autoinstruccións , a organizar a información, manexar as TIC , adquirir novo vocabulario e mellorar a morfosintaxe. Cando todo esté un pouco máis avanzado seguiremos subindo fotos. Saúdos e bo xoves familias!

Hoxe vai de inventos a cousa.
O grupo de dinamizacións da Biblioteca, elaborou estos días pasados un recurso moi bo e traballoso para poder usar todos os alumnos/as do centro . Dende a aula de AL , saímos a biblioteca para utilizalo como recurso didático e traballar o seguinte: Función executivas ( atención sostida, planificación e organización das tarxetas , inhibición e outros. ), comprensión lectora de oracións, traballo conxunto con alumnos con TEA e adquisición de novos coñecementos sobre inventos. Como vedes aprender é divertido!

P.E.L.O Programa de estimulación da linguaxe oral en Infantil.
Hola familias! Bo comezo de semana. Hoxe vos presentamos o PELO , un programa de estimulación da linguaxe oral que se está a levar a cabo con todos os cursos de Educación Infantil. É necesario reflexionar o complexo que é o proceso da adquisición da fala e toda a maquinaria que se ten que poñer en marcha para dominalo. Isto significa aprender a empregar un código de símbolos, que abarca a adquisición de vocabulario, articulación, coñecemento dos significados, elaboración de frases e usos de conceptos. É por iso que dende o centro, se está a levar a cabo dito programa coa finalidade de preparar aos nosos/as alumnos/as para a adquisición do proceso lectoescritor e previr as dificultades na linguaxe oral e escrita. De aquí en adiante os deixaremos algunhas das fotos das actividades a realizar cos pequenos/as .

Moito Maxín no Samaín
Benvido Chuvioso Xoves!
O colexio estase a poñer de medo e terror coa decoración e as cabazas que van traendo as familias!. Como sabedes o Samaín , do nome Samhain é unha festividade de orixe celta que despide o verán e da a benvida ao inverno . Na celebración se creía que o mundo dos mortos abríase deixando espazo libre para poder moverse polo mundo dos vivos, polo que a xente se disfrazaba con máscaras e peles e deixaban encendidas cabazas e luminarias para que os mortos os deixasen en paz. Dende a nosa aula de AL , compartimos algunhas actividades que estivemos a facer nestes días cos nenos/as . Nelas traballamos as habilidades metalingüísticas ( necesarias para un uso axeitado da linguaxe) como son a conciencia sílabica e léxica. Para facelo máis atractivo utilizamos un Genially terrorífico con ambientación de Samaín. Tamén estivemos a facer redaccións do Samáin con palabras dadas mediante as autoinstruccións , tan necesarias para o estudo e a organización da información. Saúdos terroríficos.......



Xogamos coa granxa!
Hola familias: O xogo simbólico é un tipo de actividade onde os nenos/as, xogan e imitan a persoas , situacións e circunstacias . Con este xogo , se axuda aos pequenos a interpretar e asimilar o mundo que lles rodea. Antonte estivemos xogando coa granxa , coa que traballamos vocabulario e morfosintaxe , relacionada cos animáis elaborando frases de D+S+V e estimulando a linguaxe oral mediante onomatopeas. Vémonos!
Persoal de PT insuficiente

A análise das necesidades de persoal para o equipo de orientación do Centro e o persoal que desde a Xefatura Territorial destinan para o este curso non son as mesmas.
Para poder dar resposta ao alumnado do Centro e tender a unha inclusión efectiva, precisamos que a Xefatura territorial amplíe os recursos persoais da especialidade de PT e persoal coidador no centro. Precisamos unha persoa máis especialista en PT para atender ao alumnado NEAE.
Este déficit de persoal repercute en todo o alumnado do centro, posto que prioritariamente cos recursos que dispoñemos debemos atender ao alumnado con máis dependencia, polo que o resto tería menos axuda para poder conseguir as competencias básicas previstas para o seu nivel educativo.
FINLANDIA DIFUSION ERASMUS KA101
Neste vídeo recollemos moitas ideas interesantes que aprendemos nos colexios de Finlandia onde fixemos «job shadowing» (aprendizaxe por observación) e que despois de compartir con mestres e alumnos nos gustaría difundir entre o resto da comunidade educativa.