ENTROIDO 21

Estimadas familias!

Aquí vos deixamos un pequeno documento audiovisual do entroido deste curso

https://vimeo.com/user68633648/review/518050341/84484edbc9

O colexio converteuse no único lugar de socialización (a parte dos convivintes) da rapazada nestes intres. Para intentar que saian un pouco da monotonía diaria, intentamos realizar actividades adaptadas ao protocolo sanitario esixido.

Este ano por mor da Covid a celebración do entroido será ben diferente. Pedimos a vosa colaboración para que o VENRES día 12, o alumnado veña disfrazado da casa. O tema será » a saúde » e en relación a iso, podedes ser todo o creativos que queirades. Empregade material de refugallo ou o que teñades pola casa. Evitade que o alumnado traia complementos que poidan ser intercambiados entre eles (sombreiros, lentes… sobretodo na etapa de infantil e primeiro ciclo). Agradécese que os disfraces lles permitan a autonomía (para ir ao baño, lavar as mans…).

Mandatos do Felipiño

Ordes do Felipiño

Grazas pola vosa colaboración. Un saúdo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *