Category Archives: EXTRAESCOLARES

Os mandatos do Felipiño 2025

Desfile entroido… 28F

Celebraremos en conxunto co CEIP Praia Xardín e coa colaboración do concello (Policía Local e Protección Civil) o desfile ás 10:45h.

Ao remate, o alumnado realizará a degustación de produtos típicos que aporten as familias.

Obradoiro de percusión para nais e pais do centro

O vindeiro martes 25 de febreiro ás 17:00h na aula de música do centro, poden participar nun obradoiro de percusión orientado a nais, pais e docentes que queiran participar (número máximo 30 persoas).

Só teñen que chamar (881866590) ou enviar un correo (ceip.santabaia@edu.xunta.gal) para realizar a reserva de praza antes do venres 21. Os 30 primeiros que vos apuntedes participarán gratuitamente desta actividade.

De non completar aforo con adultos, poden participar co seu fillo/a de segundo ou terceiro ciclo (máis pequenos terían dificultade de seguir o obradoiro). Indiquen no correo ou na chamada que lles gustaría (avisariamolos telefonicamente de ser posible asistir co/a alumno/a).

Entroido 2025

Actividades previstas!

Durante as semanas previas estaremos preparando os disfraces… este ano… A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS!

Durante a semana de celebración…

III xornada de emisións 0

O próximo VENRES 10 DE XUÑO, animámosvos a vir ao colexio sen utilizar transportes de combustión que aumenten o nivel de CO2 na atmosfera. Así colaboraremos coa redución de gases de efecto invernadoiro que fan aumentar a temperatura terrestre e tanto danan o medio ambiente. Esta actividade tamén nos servirá como punto de partida para solicitar un camiño escolar seguro.

Para os que vos animedes a vir en bicicleta, podemos vir xuntos pola rúa peonil.

Sairemos desde o ximnasio Suh ás 8:30h e pasaremos sobre as 8:35h frente a librería Nóbel.

O aparcamento do Centro será ese día para uso único de bicicletas e patinetes.

Así o fixemos o 10 de novembro! Vídeo resumo… https://youtu.be/mMPSPHIXknU

Manifesto día Mundial do Medio Ambiente 2022

ENTROIDO 2022

Este ano imos celebrar a Festa do Entroido seguindo os mandatos do Felipiño, como vén sendo tradición neste colexio:

            .- Luns:           …pon ALGO NA CABEZA,

                                   non se che esqueza.

            .- Martes:         …adorna o teu PESCOZO,

                                   con algo ben fermoso.

            .- Mércores:     …porás uns CALCETÍNS DE CORES

                                   para poder brincar polos arredores.

            .- Xoves:         …ven cun PIXAMA,

                                   e non farás a cama.

            .- Venres:         ...no venres de Entroido

                                   todos imos desfilar

                                   lucindo os nosos disfraces

                                   sobre a nosa contorna sen igual.

O venres, 25 de febreiro, por mor das circunstancias actuais, non poderemos disfrutar do tradicional pasarrúas, polo que desfilaremos dentro do recinto escolar. O alumnado poderá traer merenda de entroido (filloas, orellas, rosquiñas…) e bebida, que será de consumo individual. As celebracións faranse na aula, sen mesturas de grupos de convivencia.

  • Colocarase o Felipiño na entrada do colexio, anunciando os mandatos de tódolos días.
  • Anunciarase por megafonía cada mandato antes da saída diaria.
  • Os mandatos do Felipiño serán acumulativos cos complementos diarios.
  • Ambientarase a entrada do colexio con serpentinas e globos.

MAGOSTO 21

Estimadas familias, este venres 5 de novembro celebraremos o Magosto no centro.

Organizamos para esa xornada degustación de castañas asadas e xogos populares no patio. Cada alumna e alumno aportará 1 euro para o castañeiro que nos acompañará.

Aconsellamos que para esa xornada traian roupa cómoda e abrigada.

SAÚDOS, e grazas pola colaboración.

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021

https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias
https://afiestradamestra.wixsite.com/descubrindoaxela
http://seminariogalan.org

BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!

O alumnado de 4ºC achéganos un novo programa da Baia Radio titulado «Moito que celebrar».
Anímate a escoitalo!

BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!

No programa de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º de Primaria recórdannos as efemérides do mes de febreiro e achégannos a sección de «Dígocho eu» adicado, esta vez, a expresións relacionadas co tempo.