Daily Archives: 8 septiembre, 2023

Funcionamento comedor escolar

FUNCIONAMENTO

Seguindo o previsto no regulamento do servizo de comedor do Ceip Santa Baiao vindeiro 20 de xuño  abrirase o prazo de presentación de solicitudes de praza para a utilización do comedor escolar para o curso 23/24. O prazo permanecerá aberto ata o 20/07/23.

O prezo deste servizo será de 5’80 € por comensal/día.

Modalidades de solicitudes:

 Os usuarios fixos do curso actual interesados en utilizar de novo o servizo de comedor, deberán presentar a solicitude de reserva de praza (Anexo III).

 Os novos usuarios e os usuarios esporádicos para o seguinte curso deberán presentar a solicitude de praza (Anexo I).

As solicitudes deberán facerse NECESARIAMENTE a través do correo electrónico anpatorredegoians@gmail.com, tendo en conta que a orde de presentación pode influír na adxudicación das prazas.

Como consecuencia da situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo Covid-19, para o retorno da actividade lectiva e apertura do Comedor Escolar, no tocante ós protocolos a seguir, medidas preventivas e  aforo, estarase ao disposto na normativa e nas instrucións que a Consellería de Educación ditamine ao respecto.

Ligazón ó regulamento : VER

Atentamente,

A xunta directiva.