Daily Archives: 8 marzo, 2022
Programación actividades IGUALDADE
Programación que imos ter neste mes de Marzo no Concello de Boiro dende a área de igualdade.
Para calqueira dúbida ou ter máis información poden chamar ao Tlf: 981 84 48 00 ext 1285
Moitas Gracias
PROGRAMACIÓN
Teatro sobre a diversidade e a muller no rural «CAMELLE»(Asoc. Ambar)
venres 11 de marzo ás 20h na Casa da Cultura(gratuíta)
Performance de Ballet «Ceibes» da asoc. amas de casa de Boiro
sábado 26 de marzo ás 12h (escaparate enfrente do supermercado Froiz)
FORMACIÓN
OBRADOIRO POR UN BOIRO SEGURO. Repensando a vila en igualdade
Lugar de celebración: Segundo andar do Centro Social do Concello de Boiro
c/ Poeta Manuel Maria s/n- Boiro
Datas: sábado 5 de marzo
Horario: de 10.00h a 14.00h
Obxectivos:
- Elaborar un mapa das zonas do Concello de Boiro onde as mulleres non percibamos sensación de seguridade
- Facilitar esa información ao concello de Boiro para que se mellore na medida do posible
Profesora: Estefanía Tarrio e Estefania Calo- Universidade da Coruña
Facultade de Socioloxía
OBRADOIRO MANEXO DO ESTRÉS E ANSIEDADE
Lugar de celebración: Auditorio do Centro Social do Concello de Boiro
c/ Poeta Manuel Maria s/n- Boiro
Datas: xoves 10 de marzo
Horario: de 16.30 a 20.30h
Obxectivos:
- Aprender a xestionar as emocións.
- Conseguir un manexo axeitado do estres e da ansiedade.
Profesora: Patricia Porrua Monterroso.- Psicóloga Sanitaria
OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL PARA MULLERES ADULTAS
(SEXUALIDADE DENDE O BO TRATO)
Lugar de celebración: Auditorio do Centro Social do Concello de Boiro
c/ Poeta Manuel Maria s/n- Boiro
Datas: Sábado 12 de marzo
Horario: de 11h a 13h
Obxectivos:
- Coñecer o corpo e os seus cambios e fomentar actitudes positivas cara o mesmo.
- Saber que papel desempeñan as emocións na nosa sexualidade e como xestionalas
Profesora: Melisa Silva Castro- Psicóloga Sanitaria
OBRADOIROS NOVAS TECNOLOXÍA PARA MULLERES ADULTAS
(ROMPENDO A BRECHA DIXITAL POR CUESTIÓN DE XÉNERO)
Lugar de celebración: Auditorio do Centro Social do Concello de Boiro
c/ Poeta Manuel Maria s/n- Boiro
Datas: 4, 5, 6, 12, 13 e 14 de maio
Horario: 16h a 18h(por confirmar)
Obxectivos:
- Adquirir coñecementos básicos en novas tecnoloxías para evitar a brecha dixital
- Manexo básico de aplicacións informáticas
Profesora: Palmira Castro Marcote(mimadriña)