Monthly Archives: febrero 2022
BR Música 7
RESPIRO FAMILIAR
Información para familias con algún membro con discapacidade sobre o programa para familias RESPIRO FAMILIAR.
DOCUMENTACIÓN: FADEMGA – Plena inclusión – Galicia (plenainclusiongalicia.org)
CALENDARIO ACTIVIDADES:FADEMGA – Plena inclusión – Galicia (plenainclusiongalicia.org)
Evolución da sexta onda COVID-19
Como se pode observar na gráfica que achegamos, os primeiros casos coincidiron coa volta da ponte de Semana Santa, e o repunte máis grande aos 10 días da volta do Nadal.
Durante as xornadas lectivas non localizamos ningún contaxio no centro. Os únicos posibles contaxios dentro do centro, puidéronse producir no comedor debido ás características deste servizo.
Queremos agradecer os esforzos de toda a comunidade educativa para conter os contaxios entre o alumnado. Gracias a responsabilidade das familias non foi necesario o peche de ningunha das aulas do centro.
Gracias e esperanza para que poidamos superar esta pandemia o antes posible.
PE INCLUSIVE GAMES
Este vídeo é unha recompilación das actividades que se levaron a cabo en Educación Física para que o alumnado fose consciente de certas dificultades que poden causar algunhas deficiencias. Con este vídeo o noso colexio está a paticipar nos proxectos europeos eTwinning («SOCIAL INCLUSION») e Erasmus+ KA101 («Alumnado con NEAE: Inclusión e Espazos Dinámicos«).