Daily Archives: 8 enero, 2019
Seguimos dando pasos…
A necesidade de que os avisos, sobre todo os de evacuación, chegaran a todos os recunchos do centro foi o que levou ao cole a instalar un sistema de MEGAFONÍA. Con ela, ademais de substituír o estridente son dunha serea de fábrica, por música como aviso para entradas, saídas e cambios de sesión, tense previsto realizar actividades como:
- Formación cultural-musical; creando listas de canción por temáticas concretas (anos 70, tradicional galega, rock…) e explicando as características do estilo e da época e facéndollas chegar a toda a comunidade educativa.
- Implicación da comunidade educativa, dando a oportunidade a todos de facer as súas achegas. O alumnado de cada aula ten a opción de elixir a canción que pechará cada semana. Este sentimento de participación axuda a un mellor concepto do entorno escolar e crear vínculos que melloran a convivencia.
- Mensaxes/instrucións durante os exercicios de evacuación.
- Creación dun espazo “radiofónico” interno: BAIARADIO, que vai aloxando cada un dos seus programas no blog de BAIABIBLIO:http://baiabiblio.blogspot.com/.