Archivos día 22 agosto, 2018

5º curso… E-DIXGAL

O CEIP Santa Baia ven de adscribirse ao proxecto de Educación Dixital en Galicia (E-Dixgal), que ten como obxecto favorecer a incorporación xeralizada das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos Centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e de outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de educación primaria.

Os centros adscritos deberán utilizar a este proxecto terán acceso a un entorno virtual de aprendizaxe cos contidos gratuitos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os Centros deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder deste entorno e/ou proporcionados polo Centro. Si o centro conta con libros e outros materiais didácticos poderán utilizarse como complemento de apoio.

O alumnado de 5º do noso Centro contará cun equipo informático aportado pola xunta para cada un deles, do que serán responsables as familias.