Category Archives: Convivencia e inclusión.

E contamos con axuda!

Un dos espazos que máis conflitos xera durante as xornadas lectivas é o patio de recreo, a ditadura do balón, a falta de variedade de xogos, as dificultades para as interaccións, … lévannos a reformular o espazo do patio.

Por un lado, a existencia do programa patios y parques dinámicos, creado por Gey Lagar https://patiosyparquesdinamicos.com/patios-din%C3%A1micosfacilítanos o labor e ponnos no camiño para introducir novos espazos lúdicos no patio ademais de facilitar o acceso a estes xogos  ao alumnado con dificultades para a interacción con outros nenos e nenas.

Os PATIOS DINÁMICOS é unha actuación iniciada o curso pasado, tras a asistencia dun grupo de mestres a unha formación que a súa creadora Gey Lagar

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2019/05/03/recordamos-companero-jugaba-patio/impartiu na asociación AMICOS. Desde entón, e en colaboración coas monitoras e dous usuarios desta asociación, os recreos de todos os xoves corresponden a patios dinámicos. Xogos variados e adaptados, repartidos por unha zona do patio e anticipados no PANEL DOS PATIOSinvitan a xogar e desfrutar, evitando a competitividade e procurando que todo o alumnado que o desexe poida participar, entenda o xogo (apoios visuais informan do modo de xogar) e interactue cos iguais.

Os pasados 13 e 14 de febreiro, Gey Lagar visitou o noso patio, e desta visita deixou constancia na páxina “Patios y Parques dinámicos” que ten no facebook:

https://www.facebook.com/GLPatiosyParquesDinamicos/posts/2031387440301983
https://www.facebook.com/GLPatiosyParquesDinamicos/posts/2031390660301661
https://www.facebook.com/GLPatiosyParquesDinamicos/posts/2032986403475420
https://www.facebook.com/GLPatiosyParquesDinamicos/posts/2033098496797544
https://www.facebook.com/GLPatiosyParquesDinamicos/posts/2033991643374896

E o seguinte enlace, amosa ao CEIP Santa Baia xunto a outros coles no mapa de implementación do programa en Galicia.

https://www.facebook.com/GLPatiosyParquesDinamicos/posts/2151373594970033

2 de abril, día do autismo

O próximo martes, realizaremos unha xornada para a concienciación sobre a vida das persoas con autismo. Entre outras actividades, terán a oportunidade de compartir con nós un rato no Centro(de 10:00 a 11:00h). Se queren participar, teñen que persoarse na aula de música ás 9:45h.

Neste enlace poden ver un resumo de todas as actividades

NON SE ESQUENZAN DE VESTIR DE AZUL!!!!! A cor que se institucionalizou para dar visibilidade ao autismo.

No centro (e na vida) convivimos con persoas con autismo. Intentar poñernos na súa pel, pode axudanos a comprendelos mellor.

Sube o volume do teu reproductor todo o que poidas, para que sexa unha experiencia más cercana.

Seguimos dando pasos…

A necesidade de que os avisos, sobre todo os de evacuación, chegaran a todos os recunchos do centro foi o que levou ao cole a instalar un sistema de MEGAFONÍA. Con ela, ademais de substituír o estridente son dunha serea de fábrica, por música como aviso para entradas, saídas e cambios de sesión, tense previsto realizar actividades como:

  • Formación cultural-musical; creando listas de canción por temáticas concretas (anos 70, tradicional galega, rock…) e explicando as características do estilo e da época e facéndollas chegar a toda a comunidade educativa.
  • Implicación da comunidade educativa, dando a oportunidade a todos de facer as súas achegas. O alumnado de cada aula ten a opción de elixir a canción que pechará cada semana. Este sentimento de participación axuda a un mellor concepto do entorno escolar e crear vínculos que melloran a convivencia.
  • Mensaxes/instrucións durante os exercicios de evacuación.
  • Creación dun espazo “radiofónico” interno: BAIARADIO, que vai aloxando cada un dos seus programas no blog de BAIABIBLIO:http://baiabiblio.blogspot.com/.

Primeiros pasos…

Son varios os elementos decorativos que atopamos polo noso cole. Tanto os que están como os que iremos presentando, teñen como finalidade mellorar a convivencia, a comunicación, a inclusión e o respecto de todas e todos os que compartimos este espazo educativo.

Un dos primeiros elementos en aparecer foron as CAIXAS DE CORREO DA CONVIVENCIA que atopamos nos dous edificios, no de infantil e no de primaria.

Coa axuda desta presentación (crear vínculo se fora posible) entenderemos o seu sentido.

Medos, inquedanzas, propostas, desexos… como che gustaría que fose o teu colexio… ou que cousas precisas cambiar para estar contento no Centro… todo isto e máis ten voa acollida nesta caixa.

Farase unha revisión periódica do seu contido para intentar darlle solución.

Para facilitar a interacción do alumnado que máis dificultades atopa para relacionarse e conseguir ter un tempo de recreo pleno e agradable foi polo que se creou o BANCO DA AMIZADE

Querid@s AMIG@S!   Son o banco da amizade, que raro soa isto, verdade? Explícovos… Teño dúas función fundamentais das que todas o todos nos podemos beneficiar.  
PUNTO DE ENCONTRO. Serei un banco no que poderedes buscar compañeir@s de xogo, axudareivos a reunir e buscar xente coa que compartir os vosos recreos.
PACIFICADOR. “Si o que queres é un problema solucionar, o cuíño no meu banco deberedes sentar”. Poderedes falar sobre o problema que vos levou a estar en desacordo e chegar a unha solución que vos beneficie a ambos.

O CONSELLO DOS NENOS é o espazo no que todas as opinións serán escoitadas e a comunicación farase máis eficaz. Unha convocatoria anunciará aos e ás representantes de cada aula para participar no encontro que cada mes terá lugar e no que se debaterán os temas de máis actualidade, correspondentes á vida do centro. A través do seguinte vídeo poderás comprobar a súa aplicación práctica: https://www.youtube.com/watch?v=3Scre_Hyv4M&t=1s .