Category Archives: PRIMARIA

Colaboramos co desenvolvemento sostible

No centro xestionamos moitos tipos de residuos.

O alumnado ten realizado actividades de visibilización e sensibilización (https://vimeo.com/224908691) (https://www.youtube.com/watch?v=lT7ejhOK5WI). Agora queremos realizar actividades prácticas polo que podemos comezar coa xestión de aceite alimentario usado.

Na entrada principal do centro temos o contedor de aceite usado. Animámosvos a que o alumnado poida darlle uso traendo nunha botella de plástico ben pechada e nunha bolsa (para evitar que unha posible perda estrague o material ou a roupa do alumnado) o aceite alimentario que usades nas vosas casas e que se debe depositar en contedores específicos, xa que é un residuo moi contaminante.

Agardamos que o luns/martes teñamos que baleiralo porque comezamos unha boa dinámica de separación de residuos contribuíndo entre todos e todas ás ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible).

APERTAS

PROGRAMACIÓNS DE NIVEL

PROGRAMACIÓNS CURRICULARES 23-24

PROGRAMACIÓNS CURRICULARES 22-23

Programacións LOMLOE 22-23

Reunións familias PRIMARIA

Esta xuntanza é para os responsables do alumnado, pode asistir un ou os dous proxenitores, pero non o alumnado.

1º NIVEL: 19 de setembro ás 16:00 horas (AULA DE MÚSICA)

2º NIVEL: 26 de setembro ás 16:00 horas (nas respectivas aulas)

3º NIVEL: 26 de setembro ás 16:00h (AULA DE MÚSICA)

4º NIVEL: 26 de setembro ás 16:00 horas nas respectivas aulas.

5º NIVEL: 12 de setembro ás 16:30 horas nas respectivas aulas.

6º NIVEL: 26 de setembro ás 16:30 horas nas respectivas aulas.

MATERIAIS DE AULA

Entroido 2023

TEMÁTICA, inventos e inventoras/es

Actividades previas:

  • Elaboración de disfraces: familias e aula.
  • Felipiño: consello dxs nenxs, familias e mestrado.
  • Preparación de doces: familias.

17 de febreiro:

  • Recollemos os doces, preparación dos disfraces e da degustación.
  • 11:00h Desfile de entroido (policía local e mestrxs) co CEIP Praia Xardín.
  • 12:15h Degustación, aportan doces típicos as familias para o alumnado.
  • 13:00h volta ás aulas para recoller disfraces e preparar a saída.

SAMAÍN 2022

Para toda a comunidade educativa.

Poden colaborar aportando doces típicos (o venres recollémolos nas aulas) e cabazas adornadas (xoves e venres déixanse no hall ou diante da oficina da anpa).

Pola mañá realizaremos actividades co alumnado, entre outras, degustación de postres típicos.

Ás 17:00h a Anpa organiza unha festa no pavillón (túnel terror, inchables, cantina, monitores…)

Ás 19:00h teremos a mostra de cabazas (nos patios do centro) e a degustación de doces (no comedor escolar).

Ás 20:00h concerto no patio cuberto de infantil.

Xuntanzas familias inicio curso

PRIMEIRO: Martes 20 ás 16:00h.

SEGUNDO: Martes 13 ás 16:00h nas respectivas aulas.

TERCEIRO: Martes 27 ás 16:00h nas respectivas aulas.

CUARTO: Martes 4 outubro ás 16:30h.

QUINTO: Martes 11 de outubro.

SEXTO: Martes 13 ás 16:30h nas respectivas aulas.

Inicio curso 22-23

O 8 de setembro comezan as actividades lectivas (calendario escolar).

O horario de entrada e saída ao centro será o habitual (prepandemia), de 8:45h a 13:45h.

Os portais de acceso ao recinto abriranse ás 8:35h, pero non se poderá acceder aos edificios ata a hora de inicio das actividades lectivas.

Aínda que o alumnado poderá acceder ao recinto por calquera dos portais, recoméndase: Infantil, portal sur; Primaria, portal norte e transporte escolar, portal rampla.

A entrada ao edificio seguirá sendo para 5º e 6º pola porta principal, de 1º 4º polo patio cuberto e a infantil polo túnel.

Persoal do Centro. Tivemos 5 baixas e 4 novas incorporacións.

PRIMEIRO DÍA

Seguirase o horario habitual (8:45h-13:45h) excepto nos cursos que comezan etapa. 4º de infantil seguirá o calendario do período de adaptación e o alumnado 1º de primaria (1ºA e 1ºB) recollerao ás 8:50h no patio cuberto a súas respectivas titoras para acompañalos a aula.

Recomendamos que vaian traendo o material escolar pouco a pouco, para non sobrecargar as mochilas.

XUNTANZAS INICIO CURSO

Infantil

Primaria

MATERIAIS DE AULA

Primeiro nivel

Segundo nivel

Terceiro nivel

Cuarto nivel

Quinto nivel

Sexto nivel

LIBROS DE TEXTO

A listaxe publicada en xuño é co que se traballará este curso.

PLANO DO CENTRO

Esta será a distribución das aulas do alumnado de primaria para este curso.

Tamén poden facer unha visita 360º.

Nadal 2021

Luns 20… concertazo

Martes 21 chocolatada, videoconferencia cos paxes e outras actividades!

Programa de saúde bucodental en escolares

O concello de Boiro promove este programa organizado por profesionais na odontoloxía (odontólogo e hixienista bucodental) para o alumnado de todos os CEIPs do concello que se atopan no 2º e 6º nivel de primaria. Consiste en realizar un estudo, un exercicio pedagóxico e un seguimento para a mellora das dinámicas e saúde do alumnado durante este curso.

Todas estas accións se realizarán nos centros educativos acompañados da persoa titora e das persoas especialistas que realicen a acción.

Temporalización

1º trimestre:

  • Entrega dun maletín aos participantes con guías e materiais de hixiene.
  • Charla explicativa do que vai a consistir o programa.
  • Revisión e remisión de informe individualizado e confidencial ás familias de todo o alumnado participante.
  • Formación sobre anatomía e principais enfermidades buco-dentais.
  • Charla formativa e práctica sobre un correcto cepillado e hixiene bucal.
  • Inicio da fluorización semanal.

2º trimestre:

  • Fluorización semanal.
  • Asistencia de todo o alumnado de 2º e 6º a unha obra de teatro específica sobre este tema.

3º trimestre:

  • Fin da fluorización semanal.
  • Revisión bucal de seguimento e remisión de informe avaliativo do programa a todas as familias do alumnado participante.

Agardamos que o programa sexa do seu interese e animen a todo o alumnado a participar.

SAÚDOS

Xornada de concienciación medioambiental

O venres 15 de outubro participamos os alumnos e alumnas de 3ºA e 3ºB, coa colaboración da asociación Adega, a recollida de plásticos na praia de Barraña. A finalidade desta actividade é a concienciación cara unhas praias mais limpas partindo de un mesmo. Os alumnos e alumnas disfrutaron o grande.

Prema aquí para ver a nova publicada na web da TVG.