Category Archives: BIBLIOTECA
COLABORACIÓN DAS FAMILIAS COA BAIABIBLIO
Como xa sabedes, o mércores é o día das familias na Baiabiblio.
Para despedir o ano, queriamos realizar unha actividade especial na tarde do mércores 16.
Seguro, seguro, que a algún papá, mamá, avó, avoa, tío, irmá… apetécelle contarnos un conto, ou cantarnos unha canción, ou…
Animádevos e poñédevos en contacto con algún profe do equipo de biblioteca o mércores 9 pola tarde ou no recreo, entrada, saída…
VISITA DE ALICIA BORRÁS
O venres, 22 de maio, visitounos a escritora Alicia Borrás.
Os nenos/as de 6º leron, durante o curso, dous libros escritos por ela:
«Nata y chocolate» e «Nata y chocolate invencibles»
Disfrutamos moitísimo coa lectura dos seus libros e tamén coa súa visita. Alicia contestou pacientemente todas as preguntas que lle fixemos e firmounos todos os libros.
Gracias, Alicia!!!
DÍA DO LIBRO
Gracias ó equipo de bilioteca e o Grupo de Traballo de Técnicas Artísticas Aplicadas a Práctica Educativa.
http://photopeach.com/embed/11o77ve
OS PIRATAS DE 1º
Con motivo do Día do Libro, os nenos/as de 1º elaboraron estes divertidos libros de piratas.
1ºA






















































