Category Archives: NOVIDADES

Becas NEAE 2021-22

Desde o 3 de agosto e ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas do ministerio de educación para o alumnado NEAE.

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

MATERIAIS DE AULA CURSO 2021-2022

.

INFANTIL: Será o equipo docente o encargado de mercalo, cada familia aportará 50€ para todo o curso.

PRIMARIA:

SEGUNDO

XUNTANZAS INICIO DE CURSO

Importante acudir só un membro da unidade familiar e sen nenos/as.

INFANTIL: martes 7 de setembro, revisar lugar e horarios no seguinte enlace.

PERÍODO ADAPTACIÓN 4º INFANTIL (3 anos)

PRIMARIA

1º nivel: martes 14 de setembro nas respectivas aulas. 1ºA 17:00h, 1ºB ás 17:15h e 1ºC ás 17:30h.

2º nivel: martes 21 de setembro nas respectivas aulas. 2ºA 16:00h, 2ºB 16:10h e 2ºC 16:20h

3º nivel: Mércores 15 de setembro ás 16:00h 3ºB (titor Guillermo) e 16:15h 3ºA (titora Raquel) nas respectivas aulas, primeiro andar.

4º nivel: martes 14 de setembro ás 16:00h nas respectivas aulas.

5º nivel: Mércores 8 de setembro nas respectivas aulas. 5ºA ás 16:00h, 5ºB ás 16:15h e 5ºC ás 16:30h.

6º nivel: As persoas titoras faranlles chegar toda a información.

INICIO DE CURSO 21/22

Iniciamos o novo curso prorrogando as medidas anticovid reflectidas no protocolo do ano pasado. Polo que se manteñen todas as medidas que se reflicten na web do centro https://santabaia.es/?page_id=7666

O inicio das xornadas lectivas será o 9 de setembro en horario habitual (de 8:45h a 13:45h) pero recordar a entrada e saída escalonadas por diferentes accesos, máscara obrigatoria (unha de reposto incluída), aulas burbulla en infantil e patios diferenciados en primaria.

4º de infantil terá o período de adaptación e 1º de primaria entrarán ás 9:00h no patio cuberto para poder presentarlles ás persoas titoras e indicarlles a súa aula correspondente.

Aquí publicaremos as xuntanzas e información de principio de cursos ás familias e o material de aula necesario.

XUNTANZAS COAS FAMILIAS INICIO DE CURSO

MATERIAIS PARA O CURSO

CALENDARIO ESCOLAR

PERSOAL DO CENTRO

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


RECOMENDACIÓNS LECTORAS de Pili

LINGUA E INCLUSIÓN

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do centro, impulsouse unha inciativa que coordinou o departamento de cultura e educación do concello de Boiro e no que colaboraron o CEIP Cespón, CEIPP Abanqueiro, CEIP Praia Xardín e CEIP Escarabote. Tamén se contou coa colaboración de Amicos xa que fixemos estensible a dinamización da lingua á mellora da accesibilidade cognitiva.

VISITA DE LIDIA PARADA

O pasado xoves, o alumnado de 3º e 6º de Primaria tiveron unha visita moi especial. A lanzadora de xavelina Lidia Parada (Pobra do Caramiñal, 1993), achegouse ao noso centro para falarnos da súa experiencia deportiva e da importancia da alimentación, o descanso e o entrenamento no deporte.

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021

https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias
https://afiestradamestra.wixsite.com/descubrindoaxela
http://seminariogalan.org

GALECARICATURA XELA ARIAS

Comezamos a Semana das Letras Galegas, a celebración por excelencia da nosa lingua e cultura. Será unha semana chea de diversas actividades musicais, artísticas…, e con algunha que outra sorpresa.

MURAL LETRAS GALEGAS