Categoría : NOVIDADES
EXPOSICIÓN TEMÁTICA SOBRE OS MUÍÑOS
Co gallo da celebración das Letras Galegas, solicitamos a vosa colaboración aportando aparellos relacionados coa actividade muiñeira (peneiras, cuncas, ferrados, pás…) para realizar unha exposición sobre o tema.
Poderes achegar estes materiais a partir de mañá. A exposición permanecerá no centro durante o mes de maio.
O MES DAS NOSAS LETRAS
Dende o Concello nos ofertan esta completa programación!
(clica nas ligazóns)
DÍA DO LIBRO 2017
O luns 25 de abril realizamos unha actividade de apadriñamento/amadriñamento lector, na que un alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º contaba un conto ao seu afillado/a de Infantil, 1º e 2º.
Calquera lugar é máxico cando compartes un libro: as escaleiras, un banco, o tobogán…
Para rematar, cantamos xunt@s a canción de Pablo Díaz «O libro».
CONCURSO FOTOGRAFÍA
Toda a información no seguinte enlace:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170323/AnuncioG0422-200317-0004_gl.html
TALLER GRATUITO DE ROBÓTICA
Nace Crea R, un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos abertos a todos os nenos do Concello, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Obradoiros cos que recorreremos toda Galicia .
En concreto esta actividade en Boiro será o sábado 22 de abril, cun taller de Robótica «Crea un robot» . O talleres realizaranse na Casa da Cultura Ramón Martínez López.
Os nenos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o seu espíritu emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.
Neste enlace podedes ver toda a información do taller.
Gustaríanos moito que poideses informar a todos os pais e nais, compartindo en redes ou da maneira que vexades mellor.
Adxuntámosvos unha circular con información sobre a actividade .
Mercadillo solidario
Domingo 26 de Marzo de 10:00 a 22:00 horas no CENTRO SOCIAL de Cabo de Cruz
A CASA DAS CAMELIAS
En Brazos temos un dos xardíns botánicos con máis diversidade de Galicia,e un muíño en plena forma… e outras sorpresas que vos van a gustar.
Esta semana os visitamos o alumnado de 5º e 6º, e viñemos todos encantados!
XVIII Salón do libro, PONTEVEDRA
ALTAMENTE RECOMENDABLE!!!!!
Pontevedra é unha cidade que leva uns anos apostando por camiñar cara unha cidade onde apetece vivir.
Aquí temos outra das interesantísimas propostas que alí se levan a cabo.
http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2017.aspx
APERTURA EXPO CABO MARZO 2017















































