Día da Concienciación Mundial do Autismo

Con esta imaxe do noso cole iluminado de azul, rematábamos o curso pasado a celebración do Día de concienciación Mundial do Autismo.

Foi un día distinto no cole, todo o alumnado, os docentes e as familias que puideron acompañarnos, experimentaron das diversas actividades que, repartidas por estacións, nos serviron para concienciar sobre as necesidades e características do alumnado TEA. O seguinte vídeo é unha pequena mostra do vivido aquel día:

Día de Concienciación Mundial do Autismo 2019

Para o presente curso, desde o Departamento de Orientación organizamos unha xornada para celebrar esta conmemoración, pero finalmente non será posible o seu desenvolvemento. Sen embargo, si queremos sumarnos ás iniciativas que desde distintas asociacións nos propoñen para a xornada do 2 de abril, facéndovos partícipes dalgunha das súas propostas:

Se vos apetece participar desta proposta, estaríamos encantadas de recibir ás vosas fotos unha vez poidamos retomar a actividade normalizada no cole.


Para ocupar o tempo do confinamento, compartimos con vos uns enlaces de vídeos que ben nos poden axudar a entender o Trastorno do Espectro Autista (TEA):

  • “CAILLOU”
  • “ACADEMIA DE ESPECIALISTAS”
  • “HERMANITO DE LA LUNA”
  • “EL VIAJE DE MARÍA”
  • “FLOAT”

https://www.facebook.com/105509684159183/videos/578209529582988/UzpfSTIxNjc0ODM5ODQ5MjYxMzoxNDcyODczNDk5NTQ2NzU3/


Por último, gustaríanos transmitir unha mensaxe. Sabemos que son días moi raros e estraños, somos conscientes de que o confinamento nas casas resulta moi difícil para a nosa rapazada, pero máis difícil resulta para aquelas persoas que empregan os paseos para regular a súa ansiedade, que precisan saír á rúa porque non chegan a entender o porque do cambio nas súas rutinas, saír porque o encerro e a incomprensión son motivo de conductas disruptivas,…, por isto pedimos desde aquí o respecto para todas aquelas persoas que nestes días deciden saír á rúa, o seu motivo teñen.

http://www.autismo.org.es/actualidad/articulo/las-personas-con-autismo-pueden-salir-la-calle-por-derecho-y-sin-identificativos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *